Laura Martínez Educadora&Terapeuta DMT

Laura Martínez Educadora&Terapeuta DMT Talleres*Vivencias*Crecemento Persoal
DANZA MOVEMENTO TERAPIA_EDUCACIÓN_BODYFULNESS
Adult@s*Familias

Traballo da man da Educación Social e a Danza Movemento Terapia (DMT) promovendo a presenza do corpo nos procesos educativos, preventivos, terapéuticos e de crecemento persoal. Descubre a DMT, unha ferramenta cun gran potencial transformador, para conectar co noso interior e axudarnos a exteriorizar vivencias, necesidades, emocións...unha terapia creativa que usa como medio o movemento dentro dun

proceso que persegue a integración psicofísica, estimulando as conexións entre psique e soma, como camiño para o autocoñecemento e o crecemento persoal, coa fin de acadar o benestar psico-fisico, emocional e social. Baséase na conexión corpo-mente, traballa co movemento e a emoción, o corpo e a súa propia linguaxe, fundamentándose na comunicación non verbal, nos procesos creativos, na psicoloxía do desenvolvemento, e os sistemas de análise do movemento.

Xa está aquí a nova edición de Nocturnia Concello da Coruña  dirixida á mocidade, e este venres estarei no Ágora guiando...
26/05/2026

Xa está aquí a nova edición de Nocturnia Concello da Coruña dirixida á mocidade, e este venres estarei no Ágora guiando esta sesión de exploración creativa na que uniremos arte e movemento, coma sempre dende a integración corpo e mente, e construíndo un espazo de confianza e conexión no que expresarnos libremente.

Necesaria inscrición previa! Peche de inscrición o xoves 28/05 ás 12h.
Enlace:
https://www.coruna.gal/informacionjuvenil/es/suceso/movemento-creativo-pintura-e-expresion-corporal/suceso/1453918486434

21/05/2026

¡Danzacontos para toda a familia no Castiñeiriño! 🎭✨

O vindeiro sábado 30 de maio, o Centro Sociocultural de Castiñeiriño énchese de maxia co espectáculo "A marabillosa viaxe da Pinga Pingona". Unha oportunidade perfecta para desfrutar xuntas e xuntos dunha mañá diferente, fomentando a creatividade e a ilusión da rapazada.

👉 Toma nota:

Data: Sábado 30 de maio.

Horario: 12:00 h.

Lugar: CSC Castiñeiriño.

Máis info: Podes chamarnos ao 981 542 459 ou visitar a nosa web.

Agardámosvos para compartir esta viaxe tan especial. ¡Axúdanos a difundir e etiqueta a esa persoa que non pode faltar! 👇

05/05/2026

Feliz Día Internacional da Danza 2026 dende AIND!

Dirección

A Coruña

Teléfono

+34667312569

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Laura Martínez Educadora&Terapeuta DMT publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Laura Martínez Educadora&Terapeuta DMT:

Compartir