Agaela Galicia

Agaela Galicia Loitamos por visibilizar a ELA e as necesidades tanto das persoas que a padecen como das súas familias, para mellorar e manter a súa calidade de vida 💚

O venres inauguramos «PincELAdas pola ELA» 🎨 Unha exposición que nace das mans, do talento e, sobre todo, da xenerosidad...
17/08/2026

O venres inauguramos «PincELAdas pola ELA» 🎨

Unha exposición que nace das mans, do talento e, sobre todo, da xenerosidade de María Moldes Menduiña, socia de AGAELA que convive coa ELA dende hai uns anos.

María decidiu transformar a súa paixón pola pintura nunha fermosa iniciativa solidaria: crear os seus propios cadros e destinar a recadación da súa venda integramente a AGAELA. Un xesto que nos emociona e que representa perfectamente o valor de sumar, de compartir e de pensar nos demais 💚

A exposición medrou tamén grazas á xenerosidade de Antón Sobral, Esperanza Cidrás, Manuel Chapela, Carlos Prado, Josuha Xanbreo e Benito Estévez, que doaron as súas obras para ampliar esta mostra e contribuír a recadar máis fondos para AGAELA.

Queremos agradecer tamén ao Concello de Bueu a súa colaboración e, moi especialmente, ao alcalde Félix Juncal, á concelleira de Benestar Social e Igualdade Laura Ogando, ao concelleiro de Facenda Xosé Leal, á concelleira de Modernización Isabel Quintás e á concelleira de Cultura Carmen García, por acompañarnos neste día tan importante.

E, por suposto, grazas a todas as persoas que nos acompañastes na inauguración e que facedes posible que iniciativas coma esta sigan adiante.

Porque cada xesto suma!

📍 Sala Amelia Domínguez Búa · Bueu
📅 Do 15 ao 23 de agosto

Grazas, María, por converter a túa arte en solidaridade e axudarnos a seguir creando un futuro mellor para as persoas que conviven coa ELA🍀

NOVA DATA 🎨Chega a Bueu a exposición “PincELAdas pola ELA”, unha mostra moi especial creada por María Moldes Menduiña, s...
12/08/2026

NOVA DATA 🎨

Chega a Bueu a exposición “PincELAdas pola ELA”, unha mostra moi especial creada por María Moldes Menduiña, socia afectada de AGAELA, que a través da súa arte comparte con nós emocións, ilusión e unha mensaxe de forza e esperanza 💚

📍 Sala Amalia Domínguez Búa · Bueu
📅 Do 15 ao 23 de agosto
✨ Inauguración: 14 de agosto ás 20:00h

Detrás de cada obra hai unha historia, unha emoción e un motivo para seguir loitando. E detrás desta exposición, unha causa que nos importa: apoiar ás persoas que conviven coa ELA e ás súas familias.

Todo o recadado será destinado integramente a AGAELA.

Se estás en Bueu estes días, ven coñecer a exposición, desfrutar da arte de María e poñer o teu gran de area nunha causa que nos une.

Porque ás veces, unha pincelada pode ser moito máis que arte: pode ser loita, esperanza e solidariedade 🍀

Grazas, María, por compartir a túa arte e por facer de cada obra unha forma de darlle visibilidade á ELA 💚

Mesa informativa en ruta 🍀💚Durante as últimas semanas saímos á rúa, estivemos en hospitais, prazas e diferentes espazos ...
11/08/2026

Mesa informativa en ruta 🍀💚

Durante as últimas semanas saímos á rúa, estivemos en hospitais, prazas e diferentes espazos de Galicia para falar da ELA, achegar información e dar a coñecer o traballo que desenvolvemos dende AGAELA.

E unha vez rematada esta campaña, só podemos dicir: GRAZAS!

Grazas a todas as persoas que vos achegastes, que nos destes as grazas polo noso traballo, que compartistes as vosas historias e recordos, e que decidistes colaborar con AGAELA dunha forma ou doutra.

Grazas tamén aos equipos médicos que nos acompañaron e a todas as persoas e entidades coas que nestes días creamos novas sinerxias para seguir traballando por unha mellor calidade de vida para as persoas con ELA e as súas familias.

Durante esta campaña conseguimos 610€ en doazóns, que serán destinados integramente ao noso programa de copago de rehabilitación e psicoloxía.

Pero o resultado de todo isto é moito máis ca unha cifra porque cada achega transfórmase en apoio real para as persoas que conviven cada día coa ELA:

✅ En fisioterapia
✅ En logopedia
✅ En psicoloxía
✅ En acompañamento
✅ En recursos
✅ En tempo
✅ En calidade de vida

Esa é a razón pola que saímos á rúa, para que a sensibilización se converta en apoio real.

E ti tamén podes formar parte desta rede 💚

Hai moitas formas de colaborar con AGAELA:

🤝🏽 Faite socio/a colaborador/a por só 24 € ao ano https://agaela.es/faite-socio

💚 Fai unha doazón mediante transferencia bancaria:
IBAN: ES14 0049 0007 2623 1223 6099

📲 Doa mediante Bizum:

Na túa app bancaria, selecciona a opción “Enviar diñeiro a unha ONG” | Introduce o código 10825 | Indica a cantidade que desexes doar.

💚 Faite Teaming por só 1€ ao mes https://www.teaming.net/agaela

💻 Colabora a través de PayPal https://www.paypal.com/ncp/payment/8UCZPFFRQ47ZL

Porque detrás de cada disgnóstico hai unha persoa.
E detrás de cada persoa, unha familia.

Toda axuda suma. Todo apoio conta 💚

05/08/2026

Hay voces que nunca se apagan✨

Tino y Fran fueron dos de las personas que impulsaron AGAELA. Hoy ya no están con nosotros pero su mensaje sigue más vivo que nunca.

Dos personas que, conviviendo con la ELA, dedicaron años de su vida a luchar para que quienes vinieran detrás encontraran más apoyo, más recursos y más derechos.

Nunca quisieron que la ELA definiera sus vidas.

Y nos dejaron un mensaje que hoy sigue teniendo la misma fuerza: “Queremos seguir viviendo.”

Porque la ELA no es el final. El final... nadie lo sabe!

La ELA cambia la vida, pero no borra la capacidad de ser feliz, de amar, de decidir, de compartir, de reír o de seguir soñando. Detrás de cada diagnóstico hay una persona que quiere seguir viviendo con dignidad y formando parte de la vida.

Gracias a personas como ellos, hoy existen recursos que hace unos años eran impensables. Pero todavía queda mucho camino por recorrer.

Por eso hemos puesto en marcha nuestra campaña en para crear un Banco de productos de apoyo de Comunicación y Sedestación, un proyecto que permitirá que ninguna persona con ELA en Galicia se quede sin poder comunicarse por falta de recursos.

Porque perder la voz no significa dejar de tener cosas que decir.

Este proyecto también forma parte de su legado.

Y la mejor manera de honrar su lucha es seguir construyendo el futuro por el que tanto trabajaron.

Si tú también crees que la vida merece vivirse hasta el último instante, ayúdanos a hacerlo posible 💚

🍀 Dona aquí ➡️ https://donio.es/agaela
📲 Comparte la campaña para llegar a más personas
🗣️Dale voz a quienes no quieren dejar de luchar

📢 Nova convocatoria de axudas económicas para persoas con ELA en GaliciaA Xunta de Galicia abre unha nova convocatoria d...
31/07/2026

📢 Nova convocatoria de axudas económicas para persoas con ELA en Galicia

A Xunta de Galicia abre unha nova convocatoria de axudas dirixidas a persoas con ELA e os seus fenotipos, cunha contía de ata 12.000 € por persoa beneficiaria.

Estas axudas están destinadas a facilitar o acceso a recursos que contribúan a mellorar a autonomía e a calidade de vida, financiando gastos relacionados con:

✅ Produtos de apoio.
✅ Adaptacións no fogar.
✅ Vehículos adaptados.
✅ Servizos de rehabilitación, como fisioterapia e logopedia.

🗓️ O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto dende o vindeiro 7 de agosto ata o 3 de novembro de 2026 a través da sede electrónica da Xunta de Galicia

Desde AGAELA ofrecemos información, asesoramento e acompañamento durante todo o proceso de solicitude para que as persoas que conviven coa ELA poidan acceder a estas axudas con todas as garantías.

📩 [email protected]
📞 660 53 22 98 (Oficina de Coruña)
📞 981 798 094 (Oficina de Santiago)

Recorda que non estás so, non estás soa. Estamos ao teu lado para facilitar o acceso aos recursos que necesitas 💚

Boas novas para AGAELA 🍀Queremos compartir convosco que vimos de recibir a concesión das Bases Reguladoras da Convocator...
16/07/2026

Boas novas para AGAELA 🍀

Queremos compartir convosco que vimos de recibir a concesión das Bases Reguladoras da Convocatoria Pública de Subvencións Municipais destinadas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro do termo municipal de Culleredo para o ano 2024.

Grazas a este apoio do , puidemos impulsar a dixitalización da xestión do Banco de Apoio de AGAELA en Culleredo, un paso importante para mellorar a organización dos recursos, optimizar os procesos e ofrecer un servizo máis áxil e eficiente ás persoas que o precisan.

Seguimos traballando para avanzar na mellora dos nosos servizos e na atención ás persoas con ELA e ás súas familias 💚

13/07/2026
CANGAS VOLVEU MOVERSE POLA ELA 💜Onte vivimos unha nova edición de Cangas Móvese pola ELA, unha xornada na que a solidari...
13/07/2026

CANGAS VOLVEU MOVERSE POLA ELA 💜

Onte vivimos unha nova edición de Cangas Móvese pola ELA, unha xornada na que a solidariedade, o compromiso e a esperanza volveron encher as rúas de Cangas.

Dende AGAELA queremos dar as grazas, en primeiro lugar, ás persoas con ELA que nos acompañaron durante a xornada e ás súas familias. Eles son a razón de todo o que facemos e a forza que nos impulsa a seguir loitando cada día.

Grazas ao Concello de Cangas de Morrazo , ao Concello de Moaña, á Deputación de Pontevedra e á Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia por acompañarnos e apoiar esta iniciativa ao longo destes anos.

O noso agradecemento tamén vai dirixido ás empresas e comercios que colaboraron, ás persoas voluntarias que fixeron posible cada detalle desta xornada e, por suposto, a todas as persoas que decidistes acompañarnos. A vosa presenza é a mellor mostra de que a solidariedade en Cangas segue moi viva.

Hai once anos iniciabamos este camiño cun único obxectivo: dar visibilidade á ELA e lembrar que detrás destas tres letras hai persoas, familias, soños e unha realidade que merece ser atendida. Hoxe podemos dicir con orgullo que Cangas Móvese pola ELA é xa un referente de solidariedade en Galicia.

Dende AGAELA seguiremos traballando cada día para mellorar a calidade de vida das persoas con ELA e das súas familias, loitando para que a ELA ocupe o lugar que merece nas políticas públicas e para que ningunha persoa quede atrás.

Sabemos que ainda queda moito camiño por percorrer pero cando venos unha praza chea como a se onte, cando sentimos o compromiso dunha comarca enteira e cando comprobamos que cada ano somos máis e máis, recuperamos a esperanza.

Grazas por formar parte desta undécima edición!

Seguiremos aquí, unidos/as, facendo ruído, dando visibilidade, reclamando máis investigación, máis recursos e máis apoio. Porque mentres haxa persoas dispostas a camiñar ao noso lado, seguiremos avanzando 🙌🏽

12/07/2026

Dirección

A Coruña

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Agaela Galicia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir