O Rualdi

Llamar Página web Contactar con la empresa

O Rualdi Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de O Rualdi, Tienda de alimentos naturales, Carretera O-104, Km 2, Bustavalle, Maceda.

Hai combinacións que nunca fallan! 😋A tortilla de patacas e o noso chourizo curado fan moi boa parella. E se os servimos...
13/10/2026

Hai combinacións que nunca fallan! 😋

A tortilla de patacas e o noso chourizo curado fan moi boa parella. E se os servimos en pequenos bocados, temos un aperitivo sinxelo, saboroso e perfecto para compartir.

Porque ás veces as mellores ideas saen de xuntar dous clásicos da nosa cociña.

Un bo chourizo tamén pode cambiar o resultado dunha receita. Non é o mesmo engadilo ao principio dun guiso, para que vai...
09/10/2026

Un bo chourizo tamén pode cambiar o resultado dunha receita.

Non é o mesmo engadilo ao principio dun guiso, para que vaia soltando o seu sabor pouco a pouco, que incorporalo nun sofrito ou cociñalo directamente á grella.

Cada preparación ten o seu punto, e saber aproveitar os ingredientes é parte da boa cociña.

En O Rualdi elaboramos os nosos chourizos frescos pensando precisamente niso: nas moitas maneiras de levalos á mesa.

Ola, outono 🍂  Chegan os días de volver á casa un pouco antes, de acender o lume, de pratos que se cociñan sen présa e d...
07/10/2026

Ola, outono 🍂

Chegan os días de volver á casa un pouco antes, de acender o lume, de pratos que se cociñan sen présa e de xuntarse arredor da mesa.

Chegan os magostos, os guisos, os primeiros cocidos e esas receitas que saben especialmente ben cando comeza a refrescar.

E en O Rualdi confesámolo: esta época gústanos moito. Porque se hai unha estación na que os sabores de sempre atopan o seu sitio, é esta.

Benvido, outono. Ti pon o frío, que nós poñemos o sabor.

Atréveste cos nosos chourizos picantes? 🌶️Se es dos que pensa que un bo picante ten que estar presente na mesa, temos dú...
20/07/2026

Atréveste cos nosos chourizos picantes? 🌶️

Se es dos que pensa que un bo picante ten que estar presente na mesa, temos dúas opcións para ti.

🔥 Chourizo fresco picante, perfecto para a grella, a tixola ou os teus pratos de sempre.
🔥 Chourizo curado picante, ideal para picar e desfrutar en calquera momento.

O mesmo sabor tradicional de O Rualdi, cun punto de intensidade para quen lle gusta un pouco máis de carácter.

E ti... con cal te atreves? 😉

13/07/2026

Hai sabores que tamén se desfrutan no verán.

As barbacoas, as reunións con familia e amigos e ese momento no que o lume xa está listo e só falta poñer os chourizos na grella.

En O Rualdi seguimos elaborando os nosos chourizos durante todo o verán para que non falte o sabor nas túas mellores comidas.

Porque hai tradicións que tamén se desfrutan baixo o sol. ☀️🌭

Feliz noite de San Xoán, feliz solsticio de verán!
23/06/2026

Feliz noite de San Xoán, feliz solsticio de verán!

Porque as sardiñas están moi ben peeero... e se aproveitamos as fogueiras para asar tamén uns chourizos? 😉Nós imos poñer...
15/06/2026

Porque as sardiñas están moi ben peeero... e se aproveitamos as fogueiras para asar tamén uns chourizos? 😉

Nós imos poñer a nosa parte cun desconto do dez por cento en toda a web. E é tamén unha boa ocasión para facer acopio de cara aos churrascos do verán 😏

Introduce o código SANXOAN no momento de facer o teu pedido!

O noso salchichón ten algo en común en todos os formatos: o sabor de sempre.A diferenza está en como prefires desfrutalo...
14/06/2026

O noso salchichón ten algo en común en todos os formatos: o sabor de sempre.

A diferenza está en como prefires desfrutalo.

🔸 Formato grande, ideal para ter na despensa, cortar ao teu gusto e compartir en comidas e celebracións.

🔸 Formato mini, con 4 pezas máis pequenas, perfecto para picar, levar de viaxe ou ter sempre a man cando apetece algo bo.

Dúas opcións, un mesmo salchichón elaborado con tempo, tradición e ingredientes seleccionados.

E ti, con cal te quedas? 😉

Moito antes de que se falase da "cociña de aproveitamento", nas casas galegas xa se facía.O chourizo ceboleiro naceu arr...
03/06/2026

Moito antes de que se falase da "cociña de aproveitamento", nas casas galegas xa se facía.

O chourizo ceboleiro naceu arredor das matanzas tradicionais como unha forma intelixente de aproveitar cada parte do porco. A cebola, abundante e accesible, engadía volume, pero tamén algo igual de importante: suavidade, xugosidade e un sabor lixeiramente doce que o fai único.

Co paso dos anos converteuse nunha peza imprescindible da nosa gastronomía, ligada á cociña de sempre e ás receitas que pasan de xeración en xeración.

En O Rualdi seguimos elaborándoo respectando esa tradición, porque hai sabores que forman parte da nosa historia.

Hai tradicións que si merecen ser conservadas 😋Que tradición pensas que paga a pena que perdure?
28/05/2026

Hai tradicións que si merecen ser conservadas 😋

Que tradición pensas que paga a pena que perdure?

Dirección

Carretera O-104, Km 2, Bustavalle
Maceda
32703

Teléfono

+34606437117

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando O Rualdi publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a O Rualdi:

Atajos

Compartir