Agaela Galicia

Agaela Galicia Loitamos por visibilizar a ELA e as necesidades tanto das persoas que a padecen como das súas familias, para mellorar e manter a súa calidade de vida 💚

Esta fin de semana, Galicia volverá alumearse💚Con motivo do Día Mundial da ELA, dende AGAELA unímonos á campaña nacional...
19/06/2026

Esta fin de semana, Galicia volverá alumearse💚

Con motivo do Día Mundial da ELA, dende AGAELA unímonos á campaña nacional , impulsada xunto co resto de entidades que formamos parte de , para dar visibilidade ás persoas que conviven con esta enfermidade e ás súas familias.

Durante semanas estivemos contactando con concellos, empresas e institucións de toda Galicia para animalos a sumarse a esta iniciativa solidaria. Grazas ao seu compromiso, xa contamos con máis de 90 confirmacións de edificios e monumentos que se iluminarán de verde na nosa comunidade.

Cada luz verde é unha mostra de apoio, un xesto de sensibilización e unha forma de lembrar que as persoas con ELA precisan do compromiso de toda a sociedade.

📸 E ti tamén podes formar parte desta campaña!

Se ves un edificio ou monumento alumeado de verde, fai unha foto, compártea nas túas redes sociais e:

💚 Emprega o hashtag
💚 Etiquétanos en

Entre todas e todos podemos facer que esta mensaxe chegue máis lonxe.

Grazas a todas as entidades, concellos, empresas e institucións que decidiron sumarse a esta campaña e axudar a dar visibilidade á ELA 🍀

Este 20 de xuño temos unha xornada moi especial no Concello de Taboada 💚Dende AGAELA estaremos presentes no Festival Sol...
18/06/2026

Este 20 de xuño temos unha xornada moi especial no Concello de Taboada 💚

Dende AGAELA estaremos presentes no Festival Solidario “RevÉLAte contra a ELA”, unha fermosa iniciativa impulsada por .tianabp a través da súa asociación RevÉLAte, coa colaboración do Concello de Taboada e do tecido comercial local.

Queremos convidarvos a achegarvos, compartir esta xornada connosco e seguir dando visibilidade á Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA). Haberá música, actividades para todas as idades e moitas sorpresas, sempre cun mesmo obxectivo: apoiar ás persoas afectadas pola ELA e ás súas familias.

Queremos expresar un agradecemento moi especial a Tatiana, pola súa enorme implicación, polo cariño co que organizou este evento e pola súa xenerosidade ao destinar integramente a recadación a AGAELA. Grazas por converter o teu proxecto RevÉLAte nunha ferramenta para visibilizar a ELA e axudar con isto a mellorar a vida de tantas persoas.

E, por suposto, grazas tamén ao Concello de Taboada, aos comercios colaboradores, artistas, persoas voluntarias e a todas as persoas que facedes posible esta iniciativa solidaria.

Agardámosvos o 20 de xuño no Campo da Feira de Taboada: RevÉLAte contra a ELA! 🍀

18/06/2026

A Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) é unha enfermidade neurodexenerativa que continúa sendo unha gran descoñecida para boa parte da sociedade. Afecta ás

18/06/2026
Seguimos achegando a realidade da ELA a cada recuncho de Galicia 🍀Esta semana continuamos coa nosa campaña de informació...
17/06/2026

Seguimos achegando a realidade da ELA a cada recuncho de Galicia 🍀

Esta semana continuamos coa nosa campaña de información e sensibilización con novas mesas informativas, achegando á cidadanía información sobre a ELA, os recursos dispoñibles e o labor que desenvolve AGAELA acompañando ás persoas afectadas e ás súas familias.

📍 Xoves 18 de xuño

Edificio Administrativo de Monelos (A Coruña)

📍 Venres 19 de xuño

Hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo)

📍 Sábado 20 de xuño

Taboada, no evento solidario organizado por .tianabp

📍 Domingo 21 de xuño

Celebración do Día Mundial da ELA na explanada de O Burgo (Culleredo), coa nosa gran xornada solidaria.

Cada conversa, cada visita e cada mostra de apoio axúdanos a seguir facendo visible a ELA e a reivindicar os dereitos das persoas que conviven con esta enfermidade.

Agardámosvos! 💚

Xantar Popular Solidario pola ELA 🍀Culleredo volve demostrar o seu compromiso coa ELA.Queremos agradecer ao  e á súa cor...
16/06/2026

Xantar Popular Solidario pola ELA 🍀

Culleredo volve demostrar o seu compromiso coa ELA.

Queremos agradecer ao e á súa corporación municipal o seu apoio e implicación, especialmente á concelleira de Cohesión Social, Marta Figueroa, pola súa presenza e respaldo a esta iniciativa.

Unha mención especial para Iosu López, técnico dos servizos sociais do Concello, pola súa disposición, colaboración e implicación constante para facer posible esta actividade e contribuir a que a ELA teña a visibilidade que necesita.

O pasado venres presentamos a actividade que celebraremos o vindeiro 21 de xuño con motivo do Día Mundial da ELA: o noso Xantar Popular Solidario pola ELA, que terá lugar no paseo marítimo de O Burgo.

Pulpo, churrascada, música, sorteos e moito máis nunha xornada pensada para compartir, sensibilizar e seguir facendo visible unha realidade que precisa do apoio de toda a sociedade.

Porque a concienciación é o primeiro paso para mellorar a calidade de vida das persoas con ELA e das súas familias.

📅 21 de xuño
📍 Explanada de O Burgo (Culleredo)
⏰ A partir das 12:00h

Agardámosvos! 💚

15/06/2026

🎙️ 𝐄𝐧𝐭𝐫𝐞𝐯𝐢𝐬𝐭𝐚 𝐞𝐧 𝐑𝐚𝐝𝐢𝐨 𝐗𝐚𝐥𝐥𝐚𝐬

Este 🗓️ 𝐦𝐚𝐫𝐭𝐞𝐬, 𝟏𝟔 𝐝𝐞 𝐱𝐮𝐧̃𝐨, dedicaremos un espazo a dar visibilidade á 𝐄𝐬𝐜𝐥𝐞𝐫𝐨𝐬𝐞 𝐋𝐚𝐭𝐞𝐫𝐚𝐥 𝐀𝐦𝐢𝐨𝐭𝐫𝐨́𝐟𝐢𝐜𝐚 (𝐄𝐋𝐀), unha enfermidade neurodexenerativa que afecta a milleiros de persoas e ás súas familias.

Ás 🕛 𝟏𝟐.𝟎𝟎 𝐡𝐨𝐫𝐚𝐬 entrevistaremos a 👤 𝐀𝐫𝐚𝐜𝐞𝐥𝐢 𝐌𝐚𝐫𝐭𝐢́𝐧𝐞𝐳 𝐒𝐢𝐥𝐯𝐚, representante da 𝐀𝐬𝐨𝐜𝐢𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐠𝐚 𝐝𝐞 𝐀𝐟𝐞𝐜𝐭𝐚𝐝𝐨𝐬 𝐩𝐨𝐥𝐚 𝐄𝐬𝐜𝐥𝐞𝐫𝐨𝐬𝐞 𝐋𝐚𝐭𝐞𝐫𝐚𝐥 𝐀𝐦𝐢𝐨𝐭𝐫𝐨́𝐟𝐢𝐜𝐚 (𝐀𝐆𝐀𝐄𝐋𝐀).

👉 Falaremos sobre a realidade das persoas afectadas pola ELA, os desafíos aos que se enfrontan no seu día a día, a importancia da investigación e o labor de apoio, información e acompañamento que desenvolve Agaela Galicia.

🕛 Desde as 12.00 h
📻 Escoita a entrevista en Radio Xallas, no 107.5 FM

XANTAR POPULAR SOLIDARIO POLA ELA 🍀O vindeiro domingo 21 de xuño celebramos o Día Mundial da ELA cunha gran xornada soli...
15/06/2026

XANTAR POPULAR SOLIDARIO POLA ELA 🍀

O vindeiro domingo 21 de xuño celebramos o Día Mundial da ELA cunha gran xornada solidaria na explanada de O Burgo (Culleredo) 📍

Unha xornada de convivencia, sensibilización e solidaridade ao máis puro estilo galego.

PROGRAMACIÓN:

🕛 12:00 h | Sesión vermú con música a cargo de

🕐 13:00 h | Xantar Popular Solidario

🐙 Tapa de polbo: 18 € (3 € destinados a AGAELA)
🥩 Tapa de churrasco: 15 € (2 € destinados a AGAELA)

O resto do importe destínase a cubrir o custo da comida.

A comida será elaborada pola

🎸 14:00 h | Actuación solidaria de

🎁 15:00 h | Sorteo Solidario

Rifas á venda durante toda a xornada por só 2€

Poderedes gañar:

🍀 Hixienización capilar e peiteado (Perruquería Noemí Vilaboa)
🍀 Degustación en Bremen Cafetería (O Temple)
🍀 Comida para dúas persoas en de O Burgo
🍀 Cesta de produtos de Farmacia Vilaboa
🍀 Larpeira de Confitería Naya
🍀 Dous almorzos en
🍀 Planta de
🍀 Packs de viño doados por Septiembre Café Bar e pola Pulpeira de Camariñas
🍀 Unha cesta de productos de cosmética doada por

💃 16:00 h | Actuación de

Durante toda a xornada haberá servizo de barra con refrescos, cervexa e outras bebidas e contaremos con carpa para poder g***r do día con comodidade grazas á colaboración da Agrupación Folclórica e do 🙌🏽

Cada rifa, cada tapa, cada consumición e cada persoa que nos acompañe suma nesta loita e axudanos a seguir mellorando a calidade de vida das persoas que conviven con esta enfermidade cada día.

Agardámosvos! 💚

11/06/2026

Dirección

A Coruña

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Agaela Galicia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir