07/09/2026
Como vos diciamos a semana pasada, Paula volveu a Latexo para traballar con nós e xa instalada, preséntasenos:
"Ola a todxs! Chámome Paula Cagide e son graduada en Logopedia pola Universidade da Coruña, unha profesión que che brinda os coñecementos e as ferramentas adecuadas para acompañar e axudar as persoas.
De cara ao futuro teño moitas ganas de seguir aprendendo e collendo experiencia día a día da man desta gran familia que é LATEXO. Ademais, quero seguir formándome, polo que iniciarei un máster na UDC para seguir crecendo como profesional.
Grazas por acollerme con tanto cariño, vémonos!"