Alcer Coruña

Alcer Coruña Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril da provincia da Coruña

- A Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril, Alcer Coruña, nace no 1976 co propósito de mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade renal. Nas súas orixes loitaba para que este colectivo tivese acceso a un tratamento de diálise, fundamental para a súa supervivencia. Anos despois, Alcer Coruña, traballando conxuntamente co resto dos alceres provinciais, convértese no princ

ipal precursor da actual Lei de transplantes. Hoxe en día, e unha vez superados aspectos de actuación sanitaria vital, Alcer Coruña é unha das entidades que máis claramente apostan por traballar optimizando os recursos sanitarios, baixo o convencemento de que a atención ás persoas con enfermidades crónicas non pode centrarse nos factores da enfermidade, senón que é necesario o desenvolvemento de redes de apoio psicosocial con áreas de actuación integrais no campo da asistencia sanitaria, a protección e o benestar social. Baseándose nestes principios, Alcer Coruña persegue asegurar a maior calidade de vida, participación e independencia posible nas persoas con ERC, transplantadas de órganos e familias en particular, e a todas as persoas cunha enfermidade crónica en xeral, a través da concreción das seguintes actuacións marcadas nolos seus estatutos:

*Actuacións:

- A asistencia e información ás persoas con enfermidade renal e outras doenzas descritas nos seus aspectos sanitario e social, especialmente no concernente á asistencia por facultativos e persoal sociosanitario especializados.
- A realización de todo tipo de accións de sensibilización e fomento da doazón de órganos e tecidos.
- A atención en procesos de rehabilitación psicosocial e inclusión laboral e social, das persoas con discapacidade xerada por doenzas crónicas susceptibles de transplante
- A promoción de servizos de atención á dependencia
- A execución de todas as actividades culturais, de lecer e deportivas que faciliten a participación e atención sociosanitaria do colectivo.
- O fomento da investigación dos problemas que suscitan as enfermidades de ril nos seus aspectos médico, asistencial e socioeconómico, así como da prevención das mesmas.
- A divulgación popular das necesidades deste colectivo, as súas posíbeis solucións, así como os seus múltiples aspectos sociais e xurídicos.
- A realización de actuacións encamiñadas ao fomento e participación de voluntariado.
- O establecemento de servizos propios de asesoramento laboral, educativo, social e psicolóxico, máis os que se crean necesarios para unha atención integral.
- A colaboración con todas aquelas persoas e entidades, públicas ou privadas, onde se realicen actividades que poidan conducir á consecución dos fins da asociación.

💰🗣️ Unha boa nova! 📣 O noso programa "Alcer 7 Vidas" para a sensibilización en materia de doazón de órganos á poboación ...
09/09/2026

💰🗣️ Unha boa nova! 📣 O noso programa "Alcer 7 Vidas" para a sensibilización en materia de doazón de órganos á poboación compostelá, recibiu a financiación do Pazo de Raxoi para poder facelo posible!

ℹ️ Unha axuda económica que nos permite a seguir achegando a importancia do coidado da saúde renal e o fomento da doazón de órganos en espazos públicos, educativos, deportivos, etc.

🙌 Grazas!

🎈𝗣𝗔𝗥𝗧𝗜𝗖𝗜𝗣𝗔!! Anímaste a vir no noso equipo na carreira ENKI deste ano?😉 Agardamos a que nos chames para pasar unha tarde...
08/09/2026

🎈𝗣𝗔𝗥𝗧𝗜𝗖𝗜𝗣𝗔!! Anímaste a vir no noso equipo na carreira ENKI deste ano?

😉 Agardamos a que nos chames para pasar unha tarde de inclusión e diversión!

💚 𝗦𝗜𝗡𝗘𝗥𝗫𝗜𝗔𝗦 | Este xoves estaremos con AVANTE LGBT+ A sexualidade, o encontro co outro e a doazón de órganos van moito m...
08/09/2026

💚 𝗦𝗜𝗡𝗘𝗥𝗫𝗜𝗔𝗦 | Este xoves estaremos con AVANTE LGBT+

A sexualidade, o encontro co outro e a doazón de órganos van moito máis aló da simple materia física: falan de todo o que somos, da nosa identidade, da nosa historia e da nosa capacidade de vincularnos dende a liberdade radical. Defender a autonomía significa que ninguén decida por nós nin sobre como amamos, nin sobre como vivimos o noso corpo, nin sobre o destino de todo o que entregamos aos demais. Así, a sexualidade carga de amor íntimo e a doazón se nutre do amor público.

Falar de autodeterminación é reivindicar que a nosa sexualidade, os nosos afectos e a nosa vulnerabildiade en relación co/a outro/a ou ben coa sociedade.

Abordaremos este fío que une a nosa identidade, o encontro cos demais e a doazón na próxima charla. 🏳️‍🌈♿💚

+

ℹ 𝗜𝗡𝗙𝗢 | España, líder mundial en doazón de órganos💚🧡💚1 de cada 4 persoas doadoras de órganos da Unión Europea é español...
01/09/2026

ℹ 𝗜𝗡𝗙𝗢 | España, líder mundial en doazón de órganos

💚🧡💚1 de cada 4 persoas doadoras de órganos da Unión Europea é español.

📉 Os últimos datos do Observatorio Mundial de Doazón e Transplante volven situar a España como referente internacional, con 53,2 doantes por millón de habitantes en 2025, máis do dobre da media europea.

🌍 A nivel mundial, no 2025 realizáronse 183.896 transplantes, grazas á solidariedade de miles de persoas doadoras, tanto falecidas como vivas.

👌🏻 Non esquezas que doar órganos é salvar vidas.



Nuevo récord a nivel mundial con 183.896 trasplantes gracias al crecimiento en América Latina, impulsado también por España

01/09/2026

Anunciamosvos... Obradoiro de PSICOLOXÍA🧠 sobre Narrativas e vivencias persoais na ERC: historias de vida❗️
📅 Martes 06/10/26
⏰ 16:30-19:30
📍Casa de Asociacións de Benestar Social (CABES)
R/ Manuel María nº 6 – Salgueiriños, Santiago de Compostela
Anímaste a vir? 📩 Inscrición previa necesaria



Alcer Coruña

🦽 SABES ESCOLLER UNHA CADEIRA DE RODAS?Escoller unha cadeira de rodas adecuada é fundamental para garantir a comodidade,...
28/08/2026

🦽 SABES ESCOLLER UNHA CADEIRA DE RODAS?

Escoller unha cadeira de rodas adecuada é fundamental para garantir a comodidade, seguridade, mobilidade e independencia da persoa usuaria. Pero… ¿en que debemos fixarnos antes de adquirila? 🤔

Desde o programa ACTÍVATE de Terapia Ocupacional asesoramos sobre a adaptabilidade e o bo uso dos produtos de apoio, tendo en conta aspectos como:

🏠 As características do domicilio.
🦽 As características da cadeira.
🚶 O uso que se lle vai dar.
🔧 O estado da cadeir.

💡 Cada persoa e cada situación son diferentes. Unha boa elección pode marcar unha gran diferenza para unha boa participación nas actividades da vida diaria.

ℹ 𝗜𝗡𝗙𝗢 |  🌡 Fin de semana de actividade de transplantes de órganos no CHUAC Complexo Hospitalario Universitario A Coruña...
27/08/2026

ℹ 𝗜𝗡𝗙𝗢 | 🌡 Fin de semana de actividade de transplantes de órganos no CHUAC Complexo Hospitalario Universitario A Coruña 💚🧡💚

La aparición de tres donantes, uno de ellos de fuera de Galicia, desencadenó la puesta en marcha de un dispositivo que movilizó a más de cien profesionales

27/08/2026

No primeiro semestre do ano máis de 40 persoas asistiron a seminarios de Conciencia Emocional impartidos pola psicóloga da entidade.

ℹ 𝗜𝗡𝗙𝗢 |  🌡 Prevención de caídas no domicilio!Co paso dos anos, a media de idade das persoas con enfermidade renal cróni...
20/08/2026

ℹ 𝗜𝗡𝗙𝗢 | 🌡 Prevención de caídas no domicilio!

Co paso dos anos, a media de idade das persoas con enfermidade renal crónica aumentou (especialmente en tratamento de hemodiálise), o que implica unha maior situación de fraxilidade, con cambios na mobilidade, no equilibrio e na capacidade para realizar as actividades cotiás. Por iso, previr as caídas é fundamental para manter a independencia funcional e favorecer unha mellor calidade de vida.

Desde o programa ACTIVATE de terapia ocupacional, traballamos na identificación dos factores de risco e no asesoramento de medidas sinxelas que poden marcar unha gran diferenza: 🏠 boa iluminación, retirar obstáculos e alfombras, utilizar calzado seguro e adaptar o domicilio ás necesidades de cada persoa.

👉 Unha caída pode ter consecuencias importantes, pero moitas situacións de risco poden previrse.



💰🗣️ Queremos compartir unha boa nova! 📣 O noso programa "Alcer Solidario" de formación ao voluntariado da entidade recib...
18/08/2026

💰🗣️ Queremos compartir unha boa nova! 📣 O noso programa "Alcer Solidario" de formación ao voluntariado da entidade recibiu un ano máis a subvención da Consllería de Cultura, Lingua e Xunventude da Xunta de Galicia

ℹ️ Unha axuda económica que nos axuda a seguir formando ás persoas que no noso día a día contribúen no fomento da importancia da doazón de órganos e hábitos de vida saudables.

🙌 Grazas!

Dirección

Rúa San Andrés, 36 (Círculo De Artesáns)/DIRECCIÓN TEMPORAL
A Coruña
15006

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 13:30
Martes 10:00 - 13:30
Miércoles 10:00 - 13:30
Jueves 10:00 - 13:30
Viernes 10:00 - 13:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Alcer Coruña publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Alcer Coruña:

Atajos

Compartir