14/08/2026
💙 Unha semana que queda connosco para sempre.
Compartimos este vídeo resumo de Camiño da Saúde, unha experiencia que, un ano máis, nos deixa momentos, aprendizaxes, amizades e moitos recordos difíciles de esquecer. 🥹💙
Desde a nosa asociación tivemos a sorte de formar parte desta aventura e de vivir de preto todo o que se crea durante estes días: aprendizaxe, convivencia, deporte, diversión e, sobre todo, unha gran familia que medra ano tras ano.
Grazas a Fegadi - Federación Galega de Asociacións de Persoas con Diabete por facer posible unha iniciativa tan necesaria e especial, e a todas as persoas que poñen o seu tempo, ilusión e corazón para que este campa sexa unha realidade. 💙
Grazas tamén a porque cada ano estar e organizar unha semana tan divertida e chea de aventuras 🏕
E grazas, especialmente, a todas as familias e participantes por facernos parte desta experiencia.
🎥 Dálle ao play e revivamos xuntos un pouquiño do que foi Camiño da Saúde 2026.
💙 Porque hai experiencias que rematan… pero quedan para sempre.