Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria

Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria Páxina oficial da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria

Queremos espertar en tódolos profesionais de Atención Primaria de Saúde un interese polo desenvolvemento da nosa profesión, avanzar na nosa autonomía profesional, promover e mellorar os nosos coñecementos científicos, ser interlocutores coa Administración Sanitaria naqueles temas que teñan relación coa saúde e máis concretamente cos coidados de enfermaría, proxectar a sociedade unha imaxe máis aco

rde coa nosa valía profesional e conseguir o desenvolvemento da especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria.

Coñecendo a nosa historia tamén contribuímos ao futuro da nosa profesión 👩🏻‍⚕️—
08/09/2026

Coñecendo a nosa historia tamén contribuímos ao futuro da nosa profesión 👩🏻‍⚕️

Podedes ler todas as achegas feitas na zona privada de soci@s da web ou no voso correo electrónico. 👩🏻‍⚕️—              ...
26/08/2026

Podedes ler todas as achegas feitas na zona privada de soci@s da web ou no voso correo electrónico. 👩🏻‍⚕️

A nova Xunta Directiva de AGEFEC continuará traballando para fortalecer a Enfermaría Familiar e Comunitaria, promover a ...
19/08/2026

A nova Xunta Directiva de AGEFEC continuará traballando para fortalecer a Enfermaría Familiar e Comunitaria, promover a participación das socias e socios e impulsar proxectos de valor para a Atención Primaria galega.

A AGEFEC é necesaria. Somos necesarios e necesarias. 👩🏻‍⚕️

Novo recoñecemento para as titoras e titores de Formación Sanitaria Especializada. 👩🏻‍⚕️O BOE publicou a creación do nov...
13/08/2026

Novo recoñecemento para as titoras e titores de Formación Sanitaria Especializada. 👩🏻‍⚕️

O BOE publicou a creación do novo Diploma de Acreditación na Área Funcional de Titorización de Profesionais en Formación Sanitaria Especializada (DAT), unha credencial oficial que recoñece a experiencia, formación e competencias desenvolvidas na titorización de residentes.

Unha novidade de especial interese para as especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria que exercen como titoras EIR.

Importante: este diploma non substitúe a acreditación autonómica necesaria para exercer a titorización.

Le a noticia completa e coñece os requisitos e implicacións para a especialidade en: www.agefec.gal


Xa está publicada no BOE a oferta de prazas de Formación Sanitaria Especializada 2026‼️👩🏻‍⚕️———
12/08/2026

Xa está publicada no BOE a oferta de prazas de Formación Sanitaria Especializada 2026‼️👩🏻‍⚕️
———

AGEFEC reclama que as alertas ambientais se transformen en actuacións concretas, coordinadas coaAtención Primaria e adap...
28/07/2026

AGEFEC reclama que as alertas ambientais se transformen en actuacións concretas, coordinadas coa
Atención Primaria e adaptadas á realidade de cada territorio.

Tamén solicita o recoñecemento expreso do papel da enfermaría familiar e comunitaria na prevención, na vacinación, na educación para a saúde e no seguimento das persoas máis vulnerables.

Consulta a información completa na zona privada para socias e socios da páxina web de AGEFEC. 📲


Podedes ler o artigo completo coas novidades na nosa paxina web, entrando a través da zona privada para soci@s 👩🏻‍⚕️——  ...
23/07/2026

Podedes ler o artigo completo coas novidades na nosa paxina web, entrando a través da zona privada para soci@s 👩🏻‍⚕️
——

15/07/2026

Proceso de do.
Hoxe traémosvos unha minipílula informativa do Grupo de Traballo de Coidados Paliativos. Desta volta imos falar do Proceso do do.
Saberías identificar un do normal ou patolóxico?

Desexamos que sexa do voso interesa. Estamos abertas a novas propostas. Lemosvos en comentarios 📝

A AGEFEC é necesaria, somos necesarias e necesarios.

Duelo

Dende a AGEFEC queremos dar a benvida ás/aos novas/os EIR que se incorporan este 5 de xuño á especialidade de Enfermaría...
05/06/2026

Dende a AGEFEC queremos dar a benvida ás/aos novas/os EIR que se incorporan este 5 de xuño á especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria.

Comeza unha etapa chea de aprendizaxe, retos e experiencias que vos farán medrar tanto profesional como persoalmente.

Na AGEFEC queremos acompañarvos neste camiño: contamos con congresos, actividades formativas e grupos de traballo nos que podedes participar activamente, compartir coñecemento e crear rede con outras/os profesionais.

Ademais, lembrámosvos que o primeiro ano de inscrición é de balde para novas/os residentes e tamén para titoras/es.

Benvidas e benvidos á comunidade EFeC!

Prezados socios e socias:Como xa vos anunciamos, a AGEFEC mudou a súa páxina web.O primeiro cambio foi o paso do dominio...
03/06/2026

Prezados socios e socias:

Como xa vos anunciamos, a AGEFEC mudou a súa páxina web.

O primeiro cambio foi o paso do dominio .org ao dominio .gal. Pero, sen dúbida, o cambio máis importante foi a actualización e imaxe da páxina: máis accesible, visual e fácil de consultar, con espazo propio para os/as asociados:
- Por unha parte, unha área privada, para a cal vos chegarán a alta e os accesos nos vindeiros días (xa nos preguntástedes varias persoas por elo, pero o proceso non vai ser inmediato polo elevado número de socios/as e altas a facer).
- Por outra, unha aula virtual propia da AGEFEC, para os nosos futuros cursos (nos que xa estamos a traballar 😉).

O que si mantivo esta nova web foi a súa, e por ende, a nosa esencia: o contido científico e a defensa e loita dos/as EFEC e da especialidade.

Agardamos que vos guste. Calquera achega ou mellora ao respecto podédesnola achegar.

A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias 💙💪🏻

Dirección

Avenida Linares Rivas, 16-17, 2°
A Coruña
15005

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria:

Atajos

Compartir

Categoría