07/10/2026
🛡️ Pequenos gladiadores, grandes causas! ❤️
O vindeiro 17 de outubro, Rianxo convértese nunha auténtica area de gladiadores coa chegada da Gladiator Kids, unha carreira de obstáculos pensada para que nenas e nenos de 3 a 12 anos desfruten do deporte, da diversión e dun día en familia. 💪🥰
Pero esta aventura ten algo aínda máis especial: é unha actividade 100 % solidaria e a recadación irá destinada a Cruz Vermella Xuventude. ❤️
Desde Cruz Vermella queremos agradecer enormemente a Banco Mediolanum e Mediolanum Aproxima por facer posible esta iniciativa e por apostar pola infancia, pola mocidade e por un ocio saudable e inclusivo.
E, por suposto, grazas ao Concello de Rianxo, á Fundación Mi Grano de Arena e a todas as persoas e entidades que colaboran para que esta xornada sexa unha realidade. 🤝
Porque detrás de cada obstáculo, cada carreira e cada sorriso hai algo moito máis importante: a solidariedade e as ganas de construír oportunidades para a nosa infancia e mocidade. ❤️
📅 17 de outubro | 16:30 h
📍 Rianxo
👧🧒 De 3 a 12 anos
🏃♀️ Diversión, deporte e solidariedade
👉Inscición: https://www.migranodearena.org/reto/gladiator-kids-rianxo-iniciativa-solidaria-de-mediolanum-aproxima-a-favor-de-cruz-roja-iniciativa-solidaria-mediolanum-aproxima
Grazas por sumarvos a esta aventura! 🫶
Entre todas e todos, seguimos construíndo un mundo mellor.