04/09/2026
As alteracións neurolóxicas poden afectar a capacidade de comunicarnos, dificultando tanto a comprensión e a expresión do linguaxe como a produción da fala.
🔹 Afasia: alteración adquirida da linguaxe que pode afectar a comprensión, expresión, denominación, repetición, lectura e/o escritura. Existen diferentes tipos, como a afasia de Broca, Wernicke, conducción ou global, cada unha cas súas características e síntomas diferentes.
🔹 Disartria: trastorno motor da fala provocado por unha alteración neurolóxica que afecta ao control dos músculos implicados na comunicación. Pode producir cambios na articulación, respiración, voz, resonancia, ritmo e prosodia. Entre os seus tipos encontramos a disartria flácida, espástica, atáxica e hipocinética.
⚠️ Algunhas das súas causas máis frecuentes son os ictus, traumatismos craneoencefálicos, tumores, enfermedades neurodexenerativas ou infeccións, entre outras.
👩⚕️ A logopedia desempeña un papel fundamental na avaliación, intervención e rehabilitación destas dificultades, buscando mellorar a comunicación e favorecer a autonomía e calidade de vida da persoa.
📍Avenida de Monforte, 115, Chantada
☎️ 621 200 890
📩 [email protected]