10/06/2026
Deixámosvos algunhas imaxes dos mellores momentos do Curso de Soporte Vital Avanzado Cardiotraumatolóxico celebrado en Vigo este mes de xuño.
A través de simulacións prácticas adestramos na atención a situacións de emerxencia cardiolóxicas e traumatolóxicas, reforzando competencias clave para a súa actividade asistencial diaria.
Grazas a todas e todos pola vosa asistencia e por facer desta formación unha experiencia tan enriquecedora. 👏🚑❤️