Centro Afala

Centro Afala CENTRO DE REHABILITACIÓN
LOGOPÉDICA Y PSICOLÓGICA

N.º Registro Sanitario: C-15-004999

📍Praza dos Xuncos 1 - 3ºI Cee
📧 [email protected]
📞 648 88 65 14

2 anos ✨Fai dous anos comezaba unha aventura chea de ilusión. Hoxe só podemos mirar atrás con orgullo e, sobre todo, con...
01/07/2026

2 anos ✨

Fai dous anos comezaba unha aventura chea de ilusión. Hoxe só podemos mirar atrás con orgullo e, sobre todo, con gratitude.

Grazas a cada persoa e a cada familia que confiou en nós durante este camiño. Cada pequeno avance, cada sorriso e cada historia compartida déronlle sentido a este proxecto.

Seguimos con máis ganas ca nunca.

Grazas por acompañarnos nestes dous primeiros anos ❤️

¿Sabías que respirar por la boca de forma continua puede cambiar el desarrollo facial y dental?La respiración bucal no e...
09/06/2026

¿Sabías que respirar por la boca de forma continua puede cambiar el desarrollo facial y dental?

La respiración bucal no es solo un “mal hábito”, a menudo es la consecuencia de una obstrucción respiratoria o una hipotonía muscular que requiere atención.

En esta publicación te contamos:

✅ Los síntomas más comunes.
✅ Qué causas suelen estar detrás.
✅ Por qué el tratamiento debe ser multidisciplinar.

🧑‍⚕️ El trabajo conjunto entre el otorrino, el odontólogo y el logopeda es la única clave para devolver la funcionalidad y asegurar el bienestar a largo plazo.

💬 ¿Has notado alguno de estos síntomas?

📍 Centro Afala – Cee
📩 [email protected]
📞 648 88 65 14

A demencia non só afecta á memoria. Tamén pode alterar a linguaxe, a comunicación, a comprensión, a voz, a lectura, a es...
25/05/2026

A demencia non só afecta á memoria. Tamén pode alterar a linguaxe, a comunicación, a comprensión, a voz, a lectura, a escrita e incluso a capacidade para tragar con seguridade.

Aquí é onde a logopedia ten un papel fundamental 🧠💬

A intervención logopédica nas persoas con demencia busca:
✨ Manter a comunicación o maior tempo posible
✨ Potenciar as capacidades preservadas
✨ Facilitar estratexias para a vida diaria
✨ Traballar a orientación e a estimulación cognitiva
✨ Mellorar a seguridade e eficacia da deglutición
✨ Acompañar tanto a persoa como a súa contorna familiar

Cada intervención é única, porque cada persoa tamén o é. O obxectivo non é só tratar síntomas, senón preservar a calidade de vida, a autonomía e a conexión coas demais persoas ❤️

A comunicación segue a ser importante en todas as etapas. Escoitar, mirar, acompañar e adaptar a forma de comunicarnos pode marcar unha grande diferenza.

Las ayudas para el curso 2026-2027 están dirigidas a alumnado que presente una necesidad específica de recibir apoyo edu...
12/05/2026

Las ayudas para el curso 2026-2027 están dirigidas a alumnado que presente una necesidad específica de recibir apoyo educativo, como:

▪️Discapacidad
▪️Trastorno grave de conducta
▪️Trastorno grave de la comunicación y del lenguaje
▪️Trastorno del espectro autista (TEA)
▪️Altas capacidades

INFÓRMATE SIN COMPROMISO

📍 Centro Afala – Cee
📩 [email protected]
📞 648 88 65 14

11/03/2026

¡Estamos para axudarche!

Se estás pasando por ansiedade, estrés ou dificultades emocionais, non tes que afrontalo só.

No noso centro acompañámoste para recuperar o equilibrio e o benestar.

📍 Centro Afala – Cee
📩 [email protected]
📞 648 88 65 14

✨ A nosa sala de intervención estruturada ✨Este é un espazo pensado para favorecer a calma, a organización e a concentra...
04/03/2026

✨ A nosa sala de intervención estruturada ✨

Este é un espazo pensado para favorecer a calma, a organización e a concentración.

A diferenza da outra sala máis dinámica, aquí reducimos estímulos visuais e ambientais para crear un entorno máis contido e previsible. Isto permítenos acompañar especialmente a aqueles nenos e nenas que precisan:

🔹 maior apoio na atención sostida
🔹 menos distraccións externas
🔹 estrutura clara nas tarefas
🔹 anticipación e seguridade no que vai acontecer

🪑 Zona de mesa estruturada
Neste espazo realizamos o traballo máis específico:
• articulación
• praxias orofaciais
• conciencia fonolóxica
• lectoescritura
• comprensión e expresión oral
• funcións executivas

Contamos tamén cun espello terapéutico, fundamental para o traballo das praxias e da articulación, xa que permite ao neno/a observar os seus movementos orofaciais, tomar conciencia da posición da lingua, dos beizos e da mandíbula, e favorecer o autocontrol e a precisión articulatoria.

🤸🏻‍♀️ Zona de movemento e xogo motor
Na área de colchonetas utilizamos material como conos, aros e pelotas para integrar linguaxe e movemento. Traballamos o seguimento de instrucións, vocabulario espacial, estruturas sintácticas a través do xogo, ritmo e coordinación, aspectos moi relacionados coa fala.

Porque o corpo e a linguaxe están profundamente conectados. Moitos nenos e nenas aprenden mellor cando poden moverse, experimentar e sentir.

📚 Apoios visuais e organización do espazo
Os apoios visuais e recursos gráficos axudan a anticipar tarefas, organizar secuencias e reforzar a comprensión. O material está dispoñible pero sen sobrecargar o ambiente, favorecendo así a regulación e a atención.

Nesta sala adaptamos cada sesión ás necesidades de cada neno/a, combinando momentos máis estruturados con propostas de movemento guiado, sempre cun obxectivo logopédico claro.

Cada espazo do centro responde a perfís diferentes. Aquí priorizamos a estrutura, a regulación e a concentración, porque cando o entorno acompaña, a aprendizaxe flúe mellor 💗

28/01/2026

Neste vídeo, Mercedes Luaces, a psicóloga do centro, explícanos en primeira persoa cal é o seu traballo, que aspectos aborda no seu día a día e para que serve a psicoloxía. Unha pequena achega para coñecer mellor a importancia do benestar emocional e o acompañamento profesional.

Solicita a túa cita e acompañámoste no teu proceso.

📍 Centro Afala – Cee
📩 [email protected]
📞 648 88 65 14

🌿 A sala de psicoloxía do Centro Afala No Centro Afala seguimos mellorando os nosos espazos para ofrecer unha atención d...
26/01/2026

🌿 A sala de psicoloxía do Centro Afala

No Centro Afala seguimos mellorando os nosos espazos para ofrecer unha atención de calidade.

A nosa nova sala foi deseñada para crear un ambiente tranquilo, acolledor e luminoso, onde nenos, adolescentes e persoas adultas poidan sentirse cómodas desde o primeiro momento.

Cremos que un contorno coidado favorece a confianza, a comunicación e o benestar emocional, elementos fundamentais en calquera proceso terapéutico.

Por iso, cada detalle desta nova sala está pensado para acompañar, escoitar e axudar a cada persoa no seu camiño de crecemento e mellora.

Se estás a buscar un espazo profesional, próximo e humano en Cee, estaremos encantadas de atenderte.

Solicita a túa cita e acompañámoste no teu proceso.

📍 Centro Afala – Cee
📩 [email protected]
📞 648 88 65 14

Dirección

Praza Dos Xuncos 1/3º IZQ
Cee
15270

Teléfono

+34648886514

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Centro Afala publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Centro Afala:

Atajos

Compartir

Categoría