04/10/2026
𝗙𝗲𝗶𝘁𝗼 𝗽𝗼𝗿 𝗻ó𝘀, 𝗳𝗲𝗶𝘁𝗼 𝗰𝗼𝗻 𝗮𝗴𝗮𝗿𝗶𝗺𝗼✨🫶
Durante varias xornadas estivemos traballando nesta manualidade. Requiriu paciencia, dedicación e ganas de crear. Fomos avanzando paseniño ata conseguir o resultado final. 🏺✨
Agora que xa están rematados, cada persoa levou o seu para casa, orgullosa do traballo realizado e de ter creado coas súas propias mans unha peza para decorar o seu fogar🌸
Porque o máis bonito non é só o resultado, senón todo o que compartimos mentres o facemos: tempo, conversas, ilusión e moitos bos momentos. ❤️
💬 𝐐𝐮𝐞 𝐯𝐨𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐞𝐜𝐞 𝐨 𝐫𝐞𝐬𝐮𝐥𝐭𝐚𝐝𝐨?🤔😊