Fundación Deportiva Illa de Arousa

Fundación Deportiva Illa de Arousa A Fundación Deportiva de A Illa de Arousa xestiona, promove e organiza actividades e bens públicos de carácter deportivo.

04/09/2026
04/09/2026

🚨🏃‍♀️ A PUNTO DE CELEBRAR A VIII CARREIRON 10K… TOCA PEDIR PACIENCIA E PRECAUCIÓN! 🏃‍♂️🚧

Este domingo 6 de setembro, A Illa volverá encherse de deporte coa VIII Carreiron 10K… e tamén de corredores, voluntarios e cortes de tráfico. 😉

Por iso, pedimos a colaboración de todos/as e, sobre todo, PACiENCIA E PRECAUCIÓN se precisas coller o coche entre as 9:00 e as 13:00 h.

🚗 Se tes que circular por zonas como:
📍 Valle Inclán
📍 Avda. Castelao
📍 Testos
📍 Semuiño
📍 Ribeira de Chazo
📍 Irmáns Camba
📍 Avda. da Ponte
📍 Varadoiro–Xufre
📍 Naval
📍 Faro
📍 Area da Secada–A Bouza
… e outras vías afectadas polo percorrido, infórmate previamente e planifica os teus desprazamentos.

📢 Se tes dúbidas, podes consultar:
☎️ Fundación Deportiva Municipal: 662 300 391
👮 Policía Local: 605 978 520

👉 LE O BANDO E INFÓRMATE para coñecer os horarios e as vías afectadas.

Sabemos que os cortes poden ocasionar molestias, pero durante unhas horas a prioridade é a seguridade dos corredores, voluntarios e veciñanza. ❤️

🙏 Grazas por anticipado pola vosa paciencia, comprensión e colaboración.

Este domingo… A Illa corre! 🏃‍♀️🏃‍♂️💙

🏃‍♀️🏃‍♂️ XA ESTÁ TODO LISTO PARA O CARREIRÓN 10K! 💙Comezamos coa recollida de dorsais! 👏📍 Auditorio Municipal da Illa de...
04/09/2026

🏃‍♀️🏃‍♂️ XA ESTÁ TODO LISTO PARA O CARREIRÓN 10K! 💙

Comezamos coa recollida de dorsais! 👏

📍 Auditorio Municipal da Illa de Arousa

🗓️ HOXE, venres: de 18:00 a 20:00 h
🗓️ MAÑÁ, sábado: de 12:00 a 13:30 h

Se participas no VIII Carreirón 10K, pásate a recoller o teu dorsal e vai deixando todo preparado… porque o domingo toca correr! 🔥🏃‍♀️🏃‍♂️

E lembra: paciencia, precaución e moitas ganas de desfrutar dun dos días máis deportivos do ano na Illa! 💪💙

Vémonos no Auditorio! E despois… a por ese 10K! 🏁

☀️ Alá se nos foi agosto… e alá se nos vai o verán! 💦E que ben o pasamos nas nosas actividades deportivas de verán! 🏃‍♀️...
31/08/2026

☀️ Alá se nos foi agosto… e alá se nos vai o verán! 💦

E que ben o pasamos nas nosas actividades deportivas de verán! 🏃‍♀️⚽🚲🏀🤸‍♂️

Un verán para movernos, xogar, aprender e, sobre todo, g***r xuntos. Porque facer deporte tamén é unha forma estupenda de descubrir o noso entorno e aprender a coidalo. 🌿

Así que, ademais de practicar actividade física e promover hábitos de vida saudables, aproveitamos a transversalidade do deporte para facer moito máis: colaboramos con Nito nas tarefas de rega 💧🌱, fomos coñecer e coidar os gatiños da Arousa 🐱❤️ e achegámonos ao noso medio ambiente para aprender a respectalo e protexelo.

Porque o deporte tamén educa, sensibiliza, crea comunidade e nos ensina valores que van moito máis alá dunha pista ou dun campo. 💚

👏 Grazas a todos os que fixestes posible este verán deportivo! E, sobre todo, grazas aos peques por poñerlle tanta enerxía, ilusión e ganas a cada actividade.

Agora toca volver á rutina… pero quedámonos con todos os bos momentos! 🥰

Ata o próximo verán! ☀️🏃‍♀️💚

E xa avisamos: nós non paramos! Mañá comezamos con todas as actividades para adultos de todo o inverno! 💪🏃‍♀️💚

📸 Aí van algunhas fotos máis da nosa Gala de Clausura da XVIII Festa do Deporte! 🏆💙Como nos gustan todos os nosos homena...
31/08/2026

📸 Aí van algunhas fotos máis da nosa Gala de Clausura da XVIII Festa do Deporte! 🏆💙

Como nos gustan todos os nosos homenaxeados! 🥰 Porque o de onte foi só un pequeno petisco de todos os superdeportistas cos que contamos na Illa: deportistas, clubs, adestradores, voluntarios, familias… xente que fai que o deporte forme parte do noso día a día.

SUPERORGULLOSOS de todos vós! 👏💙
E isto non remata aquí… para o ano, máis! 💪

Pero agora toca cambiar o chip… 😜

🏃‍♀️🏃‍♂️ ESTAMOS EN MODO CARREIRON 10K! 🏃‍♂️🏃‍♀️

Porque o vindeiro domingo día 6 temos unha nova cita deportiva! 🔥
Preparade as zapatillas, as ganas e, sobre todo, as ganas de desfrutar dun dos grandes días deportivos do ano na Illa.

A Festa do Deporte remata, pero o deporte non para! 💙

🎽 Vémonos no VIII Carreiron 10K!
E se non te apuntaches… ven a vernos! 😉

🚲 E chegamos á última actividade antes da Gala de Clausura! 🎉Escapándolle á choiva —aínda que xa sabemos que se chove, q...
29/08/2026

🚲 E chegamos á última actividade antes da Gala de Clausura! 🎉

Escapándolle á choiva —aínda que xa sabemos que se chove, que chova! ☔😉— puxémonos sobre dúas rodas para g***r dunha mañán de bicicleta.

Porque isto da bicicleta tamén é de valentes 💪🚲 E unha vez máis quixemos aproveitar a actividade para sensibilizar sobre o uso da bicicleta no noso pobo, especialmente nestas datas nas que A Illa está tan machacada polos coches. Apostamos por unha Illa máis amable, máis segura e con máis espazo para as persoas e para as bicicletas. 💚

👏 GRAZAS a todas e todos os que participastes, a pesar do tempo! Sen vós, nada disto sería posible.

E agora si… poñemos o punto e final a esta Festa do Deporte cunha cita moi especial:

📍 Auditorio
🕘 21:00 h
🏆 III Gala do Deporte

Esperámosvos para celebrar xuntos o deporte, aos deportistas e a todas as persoas e entidades que fan posible que o deporte siga medrando na nosa Illa.

E se chove… que chova! 🌧️💪

🛶☀️ ¡Finalmente puidemos g***r da tarde de piragüismo!Despois de ter que cancelar a actividade do mércores polas condici...
29/08/2026

🛶☀️ ¡Finalmente puidemos g***r da tarde de piragüismo!

Despois de ter que cancelar a actividade do mércores polas condicións meteorolóxicas, hoxe por fin os peques puideron coller os remos e desfrutar dunha tarde diferente na auga. 🌊💙

Risas, deporte, compañeirismo e, sobre todo, moitas ganas de pasalo ben. 😍

Grazas a todos pola paciencia e por facer posible que puidésemos recuperar a actividade.

🛶 ¡O Club Piragüismo Illa de Arousa merecía unha segunda oportunidade! 💪💙

😟 Cruzamos dedos para mañán na bicicleta 🚲🚲

Dirección

Isla De Arosa

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 17:00
Martes 09:00 - 17:00
Miércoles 09:00 - 17:00
Jueves 09:00 - 17:00
Viernes 09:00 - 17:00

Teléfono

+34662300391

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Fundación Deportiva Illa de Arousa publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Fundación Deportiva Illa de Arousa:

Atajos

Compartir