Asociación AGORA para persoas con discapacidade

Asociación AGORA para persoas con discapacidade Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Asociación AGORA para persoas con discapacidade, Calle CARUD 142 BAJO, Monforte de Lemos.

Somos una Asociación sin ánimo de lucro con el objetivo de promover los derechos y la integración social de las personas con discapacidad de la comarca de Monforte de Lemos y alrededores.

🌊😎 Maletas feitas, ganas a tope e moitas experiencias por vivir! 😎🌊En Asociación AGORA estes días un grupo de persoas do...
19/06/2026

🌊😎 Maletas feitas, ganas a tope e moitas experiencias por vivir! 😎🌊

En Asociación AGORA estes días un grupo de persoas dos nosos centros está desfrutando duns merecidos días de lecer na zona de Poio. E cando dicimos desfrutar, falamos de praia, visitas á lonxa, descubrindo os segredos do acuario, paseos en catamarán pola ría (probando mexillóns) e, sobre todo, de compartir momentos, risas e novas aventuras para recordar.

Porque si, o ocio tamén importa. E moito. Todas as persoas teñen dereito a g***r do seu tempo libre, a coñecer lugares novos, a vivir experiencias diferentes e a crear recordos que quedan para sempre. O lecer non é un luxo, é unha parte esencial dunha vida plena e participativa. E o máis importante un ocio accesible que permita que tódalas persoas poidan disfrutar das actividades en igualdade de condicións.

Detrás desta saída hai tamén un equipo de profesionais que, coa súa dedicación, esforzo e compromiso, fan posible que todo saia sobre rodas. Grazas por acompañar, apoiar e facer que cada actividade se converta nunha oportunidade para aprender, compartir e pasalo ben.

Mentres seguimos enchendo a galería do móbil de fotos e o corazón de bos momentos, reivindicamos algo moi sinxelo: máis oportunidades, máis inclusión e máis espazos para que todas as persoas poidan g***r do ocio en igualdade de condicións.

Porque a vida tamén se mide en experiencias. E destas estamos a sumar unhas cantas! 💙✨

Aquí tedes algunhas fotiños dos bos momentos e tempo que estamos pasando 👇🏻👇🏻👇🏻

Asociación AGORA para persoas con discapacidade  participa na ###VI Asemblea Ordinaria de COGAMI Hoxe participamos na XX...
05/06/2026

Asociación AGORA para persoas con discapacidade participa na ###VI Asemblea Ordinaria de COGAMI

Hoxe participamos na ###VI Asemblea Ordinaria da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, , entidade da que formamos parte como membro activo dentro do movemento asociativo galego da discapacidade.

Durante esta xornada, se fará un repaso da actividade desenvolvida pola Confederación ao longo do último exercicio, avaliando o traballo realizado na defensa dos dereitos das persoas con discapacidade, a accesibilidade, a formación, o emprego e a participación social.

A Asemblea constitúe ademais un espazo de encontro e reflexión no que as entidades compartimos experiencias, analizamos os retos actuais e reforzamos o compromiso común de seguir avanzando cara a unha sociedade máis participativa, igualitaria e accesible para tódalas persoas.

Desde Asociación AGORA valoramos moi positivamente formar parte dunha organización que agrupa a máis de 50 entidades de toda Galicia e que representa unha voz fundamental na defensa dos dereitos das persoas con discapacidade e das súas familias.

Seguimos traballando, xunto ao resto das entidades de COGAMI, para construír unha sociedade na que a inclusión, a igualdade de oportunidades e a participación plena sexan unha realidade.

Parabéns polo traballo

✅Son moitas as historias   que fas posible cando marcas a  Grazas a quenes marcaron a   na declaración da renda Asociaci...
20/05/2026

✅Son moitas as historias que fas posible cando marcas a
Grazas a quenes marcaron a na declaración da renda
Asociación AGORA para persoas con discapacidade realizará diferentes investimentos que permitirán mellorar as instalacións do seu Centro de Día, da área Ocupacional e das Vivendas Tuteladas.
Tamén contará con novo equipamento informático para mellorar o uso das TICs e implementar nas terapias e actividades que se levan a cabo.
E tamén imos a adquirir un novo vehículo adaptado para mellorar a movilidade das persoas con discapacidade.
Estes proxectos son posibles co cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do da declaración da renda, xestionados dende COGAMI
O teu ❌ pode cambiar a vida de moitas persoas!
👉Xa dispoñible na da túa declaración da renda.
🔥Este ano fai .


A Asociación AGORA para persoas con discapacidade  participou un ano máis no Concurso dos Maios🏵🌸🌹🌼 con dúas composición...
07/05/2026

A Asociación AGORA para persoas con discapacidade participou un ano máis no Concurso dos Maios🏵🌸🌹🌼 con dúas composicións florais, nunha edición marcada pola gran participación e pola enorme creatividade de todos os colectivos e participantes.

Estamos moi felices de ter conseguido un 1º premio, pero para nós o verdadeiro recoñecemento foi ver a admiración de tódalas persoas que se achegaron a contemplar as composicións florais e tamén como non, poder desfrutar dos traballos e das coplas do resto de participantes.

Queremos agradecer o traballo, a ilusión e a implicación de tódalas persoas que colaboraron para facer posible estas composicións, así como dar os nosos parabéns ao resto de participantes polo gran nivel amosado neste ano.

Seguiremos traballando con ganas para manter viva esta tradición tan especial e enchendo as rúas de cor, creatividade e cultura popular para celebrar a chegada da primavera

Coma sempre aqui deixamos algunhas fotiños do noso traballo, agardamos que o disfrutedes tanto coma nós o facelos 👇👇👇👇

08/03/2026

🟣 Este , desde Asociación AGORA para persoas con discapacidade nos sumamos a Cemudis y ACADAR y lo decimos claro:

✊🏽Nuestros derechos no pueden quedarse en el papel.

La reconoce fundamentales para las mujeres con discapacidad: vivir de forma independiente, formar una familia, estar protegidas frente a la violencia y acceder a la justicia.

Pero todavía hoy muchas seguimos encontrando barreras en nuestra vida diaria.

💜 Este 8M alzamos la voz para recordar que los derechos no solo se reconocen: se garantizan y se ejercen.

Porque una sociedad justa solo es posible cuando todas las mujeres y todas las personas podemos vivir con dignidad, autonomía y sin violencia.

🚨 Es hora de pasar .
✨ Únete a nosotras, alcemos la voz para visibilizar los derechos de las mujeres con discapacidad.

Asociación AGORA para persoas con discapacidade adhírese ao Manifesto polo 8M, Día Internacional da Muller, impulsado po...
08/03/2026

Asociación AGORA para persoas con discapacidade adhírese ao Manifesto polo 8M, Día Internacional da Muller, impulsado por CEMUDIS e ACADAR

Este ano cúmprense 20 anos da Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade das Nacións Unidas, un tratado que marcou un cambio histórico ao recoñecer ás persoas con discapacidade como suxeitos plenos de dereitos.

Porén, dúas décadas despois, as mulleres e nenas con discapacidade seguen afrontando múltiples discriminacións: menor acceso á educación e ao emprego, maior risco de pobreza e unha maior exposición ás violencias.

Neste 8 de marzo reclamamos:
✔ o cumprimento efectivo dos dereitos recoñecidos na Convención
✔ políticas públicas feministas que integren a perspectiva de discapacidade
✔ participación real das mulleres con discapacidade nas decisións públicas
Podes leer o manifesto completo premendo no enlace 👇 👇👇
https://www.acadar.org/novas/2026/manifesto-8m-dia-da-muller/

🎉𝟯 𝗱𝗲 𝗱𝗲𝗰𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼: 𝗗í𝗮 𝗜𝗻𝘁𝗲𝗿𝗻𝗮𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 𝗱𝗮𝘀 𝗣𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮𝘀 𝗰𝗼𝗻 𝗗𝗶𝘀𝗰𝗮𝗽𝗮𝗰𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲🎉Melloramos no tempo? 𝗦𝗶.Queda por facer? 𝗠𝗼𝗶𝘁𝗼.Un ano má...
03/12/2025

🎉𝟯 𝗱𝗲 𝗱𝗲𝗰𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼: 𝗗í𝗮 𝗜𝗻𝘁𝗲𝗿𝗻𝗮𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 𝗱𝗮𝘀 𝗣𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮𝘀 𝗰𝗼𝗻 𝗗𝗶𝘀𝗰𝗮𝗽𝗮𝗰𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲🎉
Melloramos no tempo? 𝗦𝗶.
Queda por facer? 𝗠𝗼𝗶𝘁𝗼.
Un ano máis dende Asociación AGORA para persoas con discapacidade sumámonos a COGAMI e alertamos de que a vulneración de dereitos continúa a ser unha realidade diaria para milleiros de persoas: falta de accesibilidade, discriminación no emprego, desigualdades na infancia, brecha educativa e insuficiencia de apoios.
Recollemos todas estas demandas na web de

COMUNICADO DE COGAMI - 3 DE DECEMBRO

📢 Boas novas!Asociación AGORA para persoas con discapacidade vén de recibir unha subvención do Concello de Monforte de L...
02/12/2025

📢 Boas novas!
Asociación AGORA para persoas con discapacidade vén de recibir unha subvención do Concello de Monforte de Lemos para o proxecto "creARTE: espazos de potenciación" 💡✨

Grazas a esta axuda puidemos adquirir:

🧵 Material para talleres de manualidades e costura: teas, fios, botóns, vinilos, puzzles… todo para seguir potenciando a creatividade das persoas usuarias.

🧠 Aplicación NeuronUP e libros de estimulación cognitiva, para traballar memoria, atención e outras habilidades.

💪 Material para fisioterapia, terapia ocupacional e logopedia, que melloran as intervencións terapéuticas.

🌱 Material de xardinería, para actividades ao aire libre que favorecen o benestar e a autonomía.

Dende Asociación AGORA para persoas con discapacidadeAsociación AGORA para persoas con discapacidade continuamos ofrecendo espazos máis completos, motivadores e adaptados ás necesidades das persoas con discapacidade que participan nos nosos programas e actividades.

🤝 Grazas ao Concello de Monforte de LemosConcello de Monforte de Lemos polo seu apoio e compromiso coa inclusión!

En Asociación AGORA para persoas con discapacidade sumámonos as reivindicacións de Cemudis e ACADAR sobre a Violencia di...
13/11/2025

En Asociación AGORA para persoas con discapacidade sumámonos as reivindicacións de Cemudis e ACADAR sobre a Violencia dixital

🖥️O desenvolvemento das TIC transformou as nosas formas de comunicarnos e compartir coñecemento. Pero tamén trouxo novos riscos: a violencia dixital.

🧏🏽‍♀️As nenas e mulleres con discapacidade estamos máis expostas a estas formas de vulneración, especialmente en redes sociais, onde a violencia adopta múltiples rostros.

📊 O 55% das mulleres con discapacidade usamos internet de forma habitual, fronte ao 91% das mulleres sen discapacidade.

📉Segundo a enquisa de , o 44% das mulleres con discapacidade recibiu comentarios ofensivos sobre o seu corpo ou vida sexual🗯️, as 37% mensaxes non desexados,📳 e máis das 41% propostas se***is non consentidas.🚫

🎯Desde Asociación AGORA para persoas con discapacidade ,Cemudis, ACADAR e as entidades confederadas esiximos unha tecnoloxía accesible, con contornas dixitais seguros, equitativos e que recoñezan as nosas realidades.

🫱🏽‍🫲🏽Coa colaboración de COCEMFE e o apoio do Ministerio de Derechos Sociales Consumo y Agenda 2030.

07/11/2025

� Queres traballar con nós?
Asociación AGORA ten abertas 2 ofertas de emprego a través dos Programas de Cooperación. Os perfís profesionais para cubrir ditas ofertas son os seguintes:
- 1 Coidador/a 9 meses 100 % da xornada.
- 1 Educador/a Social 12 meses 75% da xornada.
O salario e según convenio (XVI Convenio Colectivo Xeral de Centros e Servizos de Atención a Persoas con discapacidade).
Para poder acceder a esta oferta tes que cumprir os seguintes requisitos:
- Atoparse en situación de desemprego e como persoa desempregada inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante non ocupada e que estean dispoñibles para o emprego.
- As persoas traballadoras con contrato por tempo indefinido fixo-descontinuo, inscritas como demandantes de emprego en calquera oficina de emprego de Galicia tamén poderán ser contratadas con cargo ás axudas previstas nesta orde, sempre que a súa contratación resulte posible en función da duración do contrato subvencionado e do contrato fixo-descontinuo que teñan subscrito, así como da duración do período de non actividade.
- No ter sido contratado/a por un período igual ou superior a seis meses, con cargo ás axudas de programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro nas seguintes convocatorias; Orde do 12 de xullo de 2022 (DOG núm. 139, do 21 de xullo: TR352A 2022). Orde do 31 de xullo de 2023 (DOG núm. 152, do 10 de agosto: TR352A 2023). Orde do 30 de xullo de 2024 (DOG núm. 155, do 12 de agosto: TR352A 2024).
Se cumpres os requisitos manda a túa candidatura antes do 14 de novembro a [email protected]

Dirección

Calle CARUD 142 BAJO
Monforte De Lemos
27400

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 18:00
Martes 10:00 - 18:00
Miércoles 10:00 - 18:00
Jueves 10:00 - 18:00
Viernes 10:00 - 18:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación AGORA para persoas con discapacidade publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir