Micelio Terapias

Micelio Terapias Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Micelio Terapias, Medicina y salud, O Fental, Nieves.

Hoxe tivemos a visita das alumnas/os do CFGS de Educación Infantil do EFA A Cancela. Unha delicia pasar estes ratiños fa...
23/04/2026

Hoxe tivemos a visita das alumnas/os do CFGS de Educación Infantil do EFA A Cancela.
Unha delicia pasar estes ratiños facendo rede, nos que compartir a nosa experiencia e sentir. Agradecidas do interese e a ilusión amosadas.
🌱❇️

19/04/2026
19/04/2026

🌱👣

Hoxe en Cos Pés na Terra temos unha cita con Sara, Cris e Sele!!!🙋🏻‍♀️🙋🏻‍♀️🙋🏻‍♀️

Estas tres mulleres están á fronte dun centro que incorpora as terapias no medio rural nas que elas suman o valor de estar en plena natureza.

Hoxe ás 22,00h en Televisión de Galicia .neuroloxia.natureza

Ainda que o pasamos de xeito moi discreto, cada 8 de outubro, Micelio está de Aniversario ✨E este ano van 3, tres outono...
11/10/2025

Ainda que o pasamos de xeito moi discreto, cada 8 de outubro, Micelio está de Aniversario ✨
E este ano van 3, tres outonos nos que pechamos, celebramos e entramos a un novo Ciclo 🍃 E así, como a follaxe que cae das árbores, deixamos que os procesos se asenten, nutran e transformen o que está por vir.

Grazas pola vosa presencia, apoio e aprendizaxe compartida. Seguimos, en movemento 🍁 🍄

01/10/2025

🌱 "Micelio é a rede que nos conecta e nos sostén."

Buscamos TERAPEUTA OCUPACIONAL para INCORPORACIÓN INMEDIATA! 🔎 ‼️ Valoramos:- Dispoñer de habilidades e metodoloxías na ...
28/08/2025

Buscamos TERAPEUTA OCUPACIONAL para INCORPORACIÓN INMEDIATA! 🔎 ‼️

Valoramos:
- Dispoñer de habilidades e metodoloxías na intervención con crianzas 🧩 e persoas adultas 👐
- Interese na Formación Continua 📚
- Vivir en As Neves ou arredores 🌿

Non é imprescindible experiencia previa, pero sí ganas e actitude proactiva!

Ofrecemos xornada parcial, principalmente de tardes. Oferta tamén ampliable a traballadoras autónomas.

Se cres que pode encaixar contigo, envía o antes posible o teu CV a:
[email protected]

E se non, comparte e difunde para que chegue a alguén interesada 💚

Que levante a man aqueles que senten certa ledicia cando están rodeados de natureza☝ Non negamos que as veces certos bec...
15/05/2025

Que levante a man aqueles que senten certa ledicia cando están rodeados de natureza☝
Non negamos que as veces certos bechos poden resultar incómodos, pero o certo é que o noso corpo instintivamente precisa deses espazos afastados dos estímulos urbanitas. Aínda que sexa un ratiño, presta. Son moitos os beneficios para a nosa saúde:
- Reduce os nosos niveis de estrés (sempre e cando non te atopes cun tigre 😋).
- Regula a nosa respiración e ritmos circadianos, algo fundamental para sentirnos en equilibrio.
- O simple feito de observarla pode levarnos a un estado de serenidade.
- Para os cativos, a natureza é un grande aliado, pois favorece a súa autonomía, o xogo simbólico, a imaxinación.
- Favorece as relacións sociais e o movemento do noso corpo dunha maneira mais orgánica.
- Axuda a mellorar estados emocionais complexos.

Eeei parade un momentiño que temos novas que contarche...🌱O proxecto Micelio crece e qué ilusión compartilo con vos! Sar...
24/02/2025

Eeei parade un momentiño que temos novas que contarche...

🌱O proxecto Micelio crece e qué ilusión compartilo con vos! Sara, a nosa psicóloga, a partir de agora tamén é socia de Micelio, polo que pouco a pouco a veredes máis. Que mellor día que hoxe, o día da psicoloxía en España, para que ela mesma se presente:
“Ola, qué tal estades? Aaai confesarei que estou un chisquiño nerviosa, pero moi chea de ilusión. As casualidades da vida leváronme ata este recuncho tan fermoso chamado Micelio e decidín quedar.
A miña experiencia e formación é variada e constante, permitíndome integrar o campo da Psicoloxía social co ámbito clínico. No que máis especializada estou é en trauma, acompañamento en procesos de dó e en discapacidade intelectual ou diversidade funcional. Traballo tanto con poboación infanto-xuvenil como con adultos/as e procuro construir e coidar o vínculo tan íntimo que se xera no espazo de terapia porque dende aí, dende a relación auténtica e libre de xuízos, sanamos.

Agradecida de poder continuar acompañándovos neste camiño”.

🍀🥰

Dirección

O Fental
Nieves
36440

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
16:00 - 21:00
Martes 09:00 - 14:00
16:00 - 21:00
Miércoles 09:00 - 14:00
16:00 - 21:00
Jueves 09:00 - 14:00
16:00 - 21:00
Viernes 09:00 - 14:00
16:00 - 21:00
Sábado 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Micelio Terapias publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría