Adisbismur

Cómo llegar Página web

Adisbismur Somos unha entidade sen ánimo de lucro, creada co fin de traballar pola integración social, formativa e laboral das persoas con discapacidade da comarca.

Temos un Centro Ocupacional e un Centro de Día en Valadares, Outes.

01/10/2026

🚔🚔🚓🚓Os usuarios e usuarias de ADISBISMUR asistimos ao porto de Muros a unha exhibición de medios materiais e capacidades operativas da Garda Civil.A xornada divulgou o traballo diario das distintas especialidades do Corpo.
A actividade forma parte do Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e nas súas Contornas, un programa do Ministerio do Interior enfocado na prevención de situacións de risco entre menores e no fomento de valores de respecto.
Durante o evento coñecemos os recursos da Garda Civil en áreas como a seguridade cidadá, a investigación criminal, a protección ambiental, a seguridade viaria, a vixilancia marítima e a intervención en emerxencias Unha mañan distinta e moi divertida.🚔🚔🚔

16/09/2026

*Onte fomos a Muxía 💙*

Pola mañá e pola tarde demos un paseo a bordo do Laion.
Debido á chuvia intermitente (orballo), mentres un grupo realizaba o paseo en barco, o outro grupo realizou un paseo a pé pola vila de Muxía.
Tamen visitamos o santuario da viaxe da Barca.
Xantamos todos xuntos no merendeiro da Ponte Constante
Pola tarde compartimos un chiquito.

Foi un día moi bonito a pesar da choiva ⛵🌦️😶‍🌫️😶‍🌫️

*Onte fomos a Muxía 💙* Pola mañá e pola tarde demos un paseo a bordo do Laion.Debido á chuvia intermitente (orballo), me...
16/09/2026

*Onte fomos a Muxía 💙*

Pola mañá e pola tarde demos un paseo a bordo do Laion.
Debido á chuvia intermitente (orballo), mentres un grupo realizaba o paseo en barco, o outro grupo realizou un paseo a pé pola vila de Muxía.
Tamen visitamos o santuario da viaxe da Barca.
Xantamos todos xuntos no merendeiro da Ponte Constante
Pola tarde compartimos un chiquito.

Foi un día moi bonito a pesar da choiva ⛵🌦️😶‍🌫️😶‍🌫️

💙 Boa nova en ADISBISMUR! As nosas compis Uxía Martinez Teira (mediadora comunicativa) e Elena Escudero Palazón( integra...
16/09/2026

💙 Boa nova en ADISBISMUR!

As nosas compis Uxía Martinez Teira (mediadora comunicativa) e Elena Escudero Palazón( integradora social), remataron a súa etapa como cooperas, pero seguen en plantilla, van a continuar no noso equipo ata o mes de decembro.

Grazas por seguir sumando! 🙌

🎟️ SEGUIMOS BUSCANDO GAÑADORES E GAÑADORAS! 🍀Xa pasou algo máis dun mes desde a Festa dos Callos! Durante agosto estivem...
11/09/2026

🎟️ SEGUIMOS BUSCANDO GAÑADORES E GAÑADORAS! 🍀

Xa pasou algo máis dun mes desde a Festa dos Callos! Durante agosto estivemos de vacacións, aínda que algún que outro premio xa foi chegando ás mans das persoas gañadoras 🎁. Agora retomamos a busca porque aínda quedan premios por entregar!

Por iso, volvemos publicar TODOS os sorteos realizados durante a festa, cos seus respectivos números gañadores, e ampliamos o prazo para reclamar os premios ata o 30 de setembro.

📌 COMO RECLAMAR O TEU PREMIO?

🎟️ Revisa as imaxes e comproba o número da túa rifa.
✅ Se tes un número premiado, é imprescindible presentar a rifa orixinal para poder recoller o premio.
📞 Ponte en contacto con ADISBISMUR ou con calquera das persoas traballadoras da asociación para xestionar a entrega.
📅 Data límite para reclamar: 30 de setembro.

🍽️🏡 IMPORTANTE PARA OS PREMIOS DE CEAS, COMIDAS E ESTADÍAS

Neste caso necesitamos algo máis ca localizar a rifa. Se che tocou un vale ou bono para unha comida ou cea, unha noite de hotel, cabana ou outra estadía, pedímosche que nos comuniques o teu nome e apelidos.

Precisamos facilitar estes datos ás empresas colaboradoras para que saiban quen é a persoa gañadora e poidan organizar e xestionar as reservas con maior facilidade. Así que, aínda que xa teñas localizado ou reclamado o premio, agradecemos que te poñas en contacto connosco para facilitarnos o nome e apelidos.

🔎 E agora si... toca volver buscar esas rifas! Mira na carteira, no bolso, na guanteira do coche ou nese caixón onde acaba todo 😜 porque pode haber un premio esperando por ti.

🍀 Moita sorte unha vez máis!
E comparte esta publicación: igual o número que estamos buscando está máis preto do que pensamos.

*ANDAINA SOLIDARIA A PROL DE ADISBISMUR 👟💙*Outes vai camiñar pola inclusión!O *Club de Atletismo de Outes* organiza unha...
09/09/2026

*ANDAINA SOLIDARIA A PROL DE ADISBISMUR 👟💙*

Outes vai camiñar pola inclusión!

O *Club de Atletismo de Outes* organiza unha andaina solidaria a favor de *ADISBISMUR*.

Camiñaremos xuntos, pasaremos unha mañá de deporte, natureza e convivencia, e todo o recadado irá destinado a seguir facendo medrar o noso traballo pola Inclusión.

*Animádevos a participar!* Cada paso conta e cada persoa suma.

Grazas de corazón ao *Club de Atletismo de Outes* por organizar e por contar sempre con nós.

*Vés camiñar con nós?*



*RESERVA A DATA!*

AVISO A SENDERISTAS E CORRECAMIÑOS‼

🚶‍♂Na XX Edición do que se celebrará o 13 de setembro volverá a celebrarse unha andaina solidaria a favor de . Se queredes g***r dunha percorrido fantástico por paisaxes e camiños espectaculares, achegádevos ata Broña para camiñar por unha boa causa.

Podedes facer a vosa inscrición nos seguintes enlaces:

🔗: https://www.321go.es/Carrera/Detail/556-xxcrossdeverndebroa2026
🔗: https://clubatletismooutes.com/cross-brona/

09/09/2026
07/09/2026

Esta iniciativa, na que participan 73 persoas procedentes de entidades e servizos de COGAMI, está financiada pola Deputación da Coruña para promover a inclusión, a igualdade de oportunidades e o acceso a actividades mariñas.

18/08/2026

O comercio de Outes saca ás rúas produtos de artesanía, gastronomía e horta no marco da Feiriña

A programación festiva inclúe concertos e diversos talleres de artesanía e infantís

🔗 Para más información pincha en el enlace del primer comentario 👇

🥰
06/08/2026

🥰

🫂 Esta fin de semana estivemos na festa benéfica dos callos de . Dende o BNG de Outes queremos parabenizar á organización polo seu traballo un ano máis e pola labor social que fan no noso territorio.

Dirección

VALADARES
Outes
15230

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 18:00
Martes 09:00 - 18:00
Miércoles 09:00 - 18:00
Jueves 09:00 - 18:00
Viernes 09:00 - 18:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Adisbismur publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir