UARA. Neurorrehabilitacion infantil e adultos

UARA. Neurorrehabilitacion infantil e adultos Centro de neurorrehabilitación infantil e adultos en Pontevedra

14/09/2026

É psicolóxico ou é funcional?

Quizais a pregunta non sexa esa.

Unha mesma conduta pode ter diferentes causas: dificultades cognitivas, motoras, fatiga, factores emocionais ou ambientais.

Antes de intentar cambiar o que vemos, temos que comprender o que está pasando.

📩 Consúltanos!

📞+34 613 72 00 79
📩 [email protected]
📍 Galerías Centro Azul, Rúa Joaquín Costa 19, Pontevedra

📢🤝 NOVO CONVENIO 🤝📢Estamos moi satisfeitas de anunciar un acordo de colaboración coa ANPA “O GALO” DO CEIP PRAZA DE BARC...
08/09/2026

📢🤝 NOVO CONVENIO 🤝📢

Estamos moi satisfeitas de anunciar un acordo de colaboración coa ANPA “O GALO” DO CEIP PRAZA DE BARCELOS para seguir creando espazos de apoio ás familias e ao alumnado.

A través deste convenio, as familias socias da ANPA poderán acceder a atención e servizos do noso centro en condicións vantaxosas, favorecendo un acompañamento máis próximo, coordinado e accesible.

✨ O convenio inclúe:
✔️ Atención ás familias socias da ANPA
✔️ Condicións especiais nos servizos do centro
✔️ Coordinación co entorno educativo cando sexa necesario

📩 Se formas parte da ANPA e queres máis información, podes contactar connosco sen compromiso.

📞+34 613 72 00 79
📩 [email protected]
📍 Galerías Centro Azul, Rúa Joaquín Costa 19, Pontevedra

02/09/2026

COIDAR A QUEN COIDA: POR QUE O COIDADOR NON É “UN EXTRA” NA REHABILITACIÓN

Cando falamos de rehabilitación neurolóxica, o foco case sempre está na persoa que tivo o ictus, o TCE ou vive con Parkinson. O coidador familiar queda en segundo plano... e a evidencia dinos que iso é un erro.

📊 O que sabemos:
Varias revisións sistemáticas recentes (2023-2025) describen a carga do coidador en catro planos: saúde física (fatiga crónica, alteracións do sono), funcionamento social, situación económica e saúde psicolóxica (ansiedade e depresión, especialmente en casos de carga alta).

🔗 A conexión coa rehabilitación:
Non é só “que o coidador tamén sofre”. Hai intervencións formativas e de acompañamento dirixidas a coidadores que se asocian a mellor coñecemento sobre o ictus, menos complicacións e, nalgúns estudos, mellor evolución funcional da persoa coidada.

📩 Consúltanos!

📞+34 613 72 00 79
📩 [email protected]
📍 Galerías Centro Azul, Rúa Joaquín Costa 19, Pontevedra

25/08/2026

Coidar tamén significa poder parar.

Coidar dunha persoa dependente ou con discapacidade pode implicar unha dedicación constante e, moitas veces, pouco espazo para o descanso da propia persoa coidadora.

Por iso, hoxe queremos falarvos do programa Respiro Familiar 2026, destinado a facilitar períodos de descanso ás persoas coidadoras habituais non profesionais.

Neste vídeo explicámosvos, de maneira sinxela:

→ A quen vai dirixida.
→ Que requisitos principais hai que cumprir.
→ Que modalidades de respiro contempla.
→ Que contías máximas se poden solicitar.
→ E por que é importante ter en conta o prazo e a orde de presentación das solicitudes.

📅 Prazo de solicitude: do 12 de agosto ao 15 de outubro de 2026.

Pero queremos facer unha puntualización importante: non todas as persoas coidadoras teñen acceso automaticamente a esta axuda. Hai que cumprir determinados requisitos e acreditar a situación da persoa atendida.

E, sobre todo, pedir apoio non significa coidar peor.

O descanso da persoa coidadora tamén é necesario para poder manter os coidados no tempo.

📌 Garda este vídeo para consultalo e compárteo con alguén a quen lle poida resultar útil.

📞+34 613 72 00 79
📩 [email protected]
📍 Galerías Centro Azul, Rúa Joaquín Costa 19, Pontevedra

NON PODES COIDAR, SE NON TE COIDASPero hai algo que debemos dicir máis claro: Non debería recaer todo sobre a persoa coi...
12/08/2026

NON PODES COIDAR, SE NON TE COIDAS

Pero hai algo que debemos dicir máis claro: Non debería recaer todo sobre a persoa coidadora.

Cando unha persoa ten un dano neurolóxico, a persoa coidadora pasa a formar parte do día a día da rehabilitación. Axuda nas actividades, nos exercicios, nos desprazamentos e na autonomía.

Por iso, formalo, escoitalo e coidalo tamén é parte da intervención.

A evidencia recomenda que as persoas coidadoras reciban información, formación práctica, apoio psicolóxico e recursos adaptados ás súas necesidades.

Porque pedir que unha persoa coide sen ofrecerlle ferramentas, descanso ou apoio non é coidar: é sobrecargar.

Coidar á persoa e coidar a quen coida non son dúas cousas diferentes.

Forman parte do mesmo proceso.

📞+34 613 72 00 79
📩 [email protected]
📍 Galerías Centro Azul, Rúa Joaquín Costa 19, Pontevedra

“As secuelas máis graves do dano cerebral son, moitas veces, as que non ves.”Seguimos asociando a recuperación a volver ...
06/08/2026

“As secuelas máis graves do dano cerebral son, moitas veces, as que non ves.”

Seguimos asociando a recuperación a volver camiñar ou falar. Pero a evidencia científica demostra que as secuelas invisibles son, con frecuencia, as que máis condicionan a autonomía e a calidade de vida.

Dificultades de atención, memoria, planificación, fatiga cognitiva ou regulación emocional poden impedir traballar, estudar ou manter as relacións sociais, aínda que desde fóra a persoa “pareza estar ben”.

O verdadeiro reto do dano cerebral non sempre é visible.

💬 Cantas veces escoitaches a frase: “Pero se te vexo moi ben…”?

📞+34 613 72 00 79
📩 [email protected]
📍 Galerías Centro Azul, Rúa Joaquín Costa 19, Pontevedra

“Se non tose, non ten disfaxia.”Probablemente este sexa un dos mitos máis estendidos sobre a deglución. E tamén un dos m...
22/07/2026

“Se non tose, non ten disfaxia.”

Probablemente este sexa un dos mitos máis estendidos sobre a deglución. E tamén un dos máis perigosos.

A disfaxia non sempre se manifesta con atragoamentos evidentes. En moitas persoas con ictus, enfermidade de Parkinson, demencias, esclerose múltiple ou outras enfermidades neurolóxicas, os alimentos ou os líquidos poden pasar ás vías respiratorias sen provocar tose. É o que coñecemos como aspiración silente.

Por iso, esperar a que aparezan atragoamentos frecuentes para pedir axuda pode atrasar o diagnóstico e aumentar o risco de complicacións.

A evidencia científica é clara: a detección precoz e unha avaliación individualizada permiten reducir o risco de complicacións e mellorar a seguridade durante a alimentación.

Na neurorrehabilitación, comer e beber tamén forman parte da autonomía. Porque alimentarse non é só cubrir unha necesidade fisiolóxica: é saúde, participación e calidade de vida.

👉 Desliza o carrusel e descubre por que a disfaxia é moito máis que atragoarse.

💬 Ti coñecías o concepto de aspiración silente? Cóntanolo nos comentarios.

Dirección

Galerías Centro Azul, N14. Joaquín Costa, N19
Pontevedra
36001

Teléfono

+34613720079

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando UARA. Neurorrehabilitacion infantil e adultos publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría