Mimosas Centros de día

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Mimosas Centros de día Ofrecemos atención diurna especializada a persoas maiores e/ou con dependencia física, psíquica

15/10/2026

🎙️ 𝐕𝐨𝐜𝐞𝐬 𝐝𝐞 𝐌𝐢𝐦𝐨𝐬𝐚𝐬 | 𝐌𝐮𝐥𝐥𝐞𝐫𝐞𝐬 𝐫𝐮𝐫𝐚𝐢𝐬, 𝐦𝐮𝐥𝐥𝐞𝐫𝐞𝐬 𝐨𝐫𝐠𝐮𝐥𝐥𝐨𝐬𝐚𝐬
Neste novo episodio damos voz a mulleres que medraron e construíron a súa vida no rural. Mulleres que traballaron, coidaron, sacaron familias adiante e sostiveron comunidades enteiras.
Falamos de esforzo, de aprendizaxes, de cambios… pero, sobre todo, de orgullo. Orgullo polas súas raíces, pola vida que construíron e por todo o que representan.
Porque ser muller rural tamén é historia, identidade e memoria. 💛
Mulleres que traballaron. Mulleres que coidaron. Mulleres que sostiveron o rural.

09/10/2026

💌 𝐂𝐚𝐫𝐭𝐚𝐬 𝐪𝐮𝐞 𝐮𝐧𝐞𝐧, 𝐩𝐚𝐥𝐚𝐛𝐫𝐚𝐬 𝐪𝐮𝐞 𝐚𝐜𝐡𝐞𝐠𝐚𝐧.
Polo Día do Correo, en Mimosas cambiamos as mensaxes instantáneas por cartas escritas con agarimo. ✍️📮

De Barrantes ao Grove e do Grove a Barrantes, compartimos palabras, ilusión e a emoción de ir a Correos a envialas.

💚💛🩷 Porque a vida cotiá tamén está chea de actividades significativas que nos conectan.

EnvellecementoActivo

01/10/2026

𝐓𝐄𝐌𝐎𝐒 𝐌𝐎𝐈𝐓𝐎 𝐐𝐔𝐄 𝐃𝐈𝐂𝐈𝐑. 𝐄 𝐪𝐮𝐞𝐫𝐞𝐦𝐨𝐬 𝐪𝐮𝐞 𝐬𝐞 𝐧𝐨𝐬 𝐞𝐬𝐜𝐨𝐢𝐭𝐞. 💬

No Día das Persoas Maiores, as persoas de Mimosas Barrantes e Mimosas O Grove toman a palabra para lembrar algo esencial:

“𝐄𝐬𝐜ó𝐢𝐭𝐚𝐦𝐞, 𝐪𝐮𝐞 𝐭𝐞ñ𝐨 𝐪𝐮𝐞 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐚𝐫.”
“𝐀í𝐧𝐝𝐚 𝐭𝐞ñ𝐨 𝐦𝐨𝐢𝐭𝐨 𝐪𝐮𝐞 𝐚𝐩𝐫𝐞𝐧𝐝𝐞𝐫.”
“𝐍𝐨𝐧 𝐭𝐞ñ𝐚𝐬 𝐭𝐚𝐧𝐭𝐚 𝐩𝐫é𝐬𝐚, 𝐝𝐚𝐦𝐞 𝐨 𝐦𝐞𝐮 𝐭𝐞𝐦𝐩𝐨.”
“𝐒𝐨𝐧 𝐚𝐝𝐮𝐥𝐭𝐨, 𝐧𝐨𝐧 𝐦𝐞 𝐭𝐫𝐚𝐭𝐞𝐬 𝐜𝐨𝐦𝐨 𝐚 𝐮𝐧 𝐧𝐞𝐧𝐨.”
“𝐐𝐮𝐞𝐫𝐨 𝐞𝐬𝐜𝐨𝐥𝐥𝐞𝐫, 𝐧𝐨𝐧 𝐬ó 𝐨𝐛𝐞𝐝𝐞𝐜𝐞𝐫.”
“𝐓𝐞𝐦𝐨𝐬 𝐝𝐞𝐫𝐞𝐢𝐭𝐨𝐬.”

Mensaxes sinxelas, pero necesarias.

Porque cumprir anos non elimina a capacidade de decidir.
Non resta valor ás opinións.
Non converte a unha persoa adulta nunha nena.
E non xustifica falar por ela, decidir por ela ou ignorar os seus tempos e preferencias.

Defender un envellecemento digno tamén é combater o edadismo, respectar a autonomía e recoñecer ás persoas maiores como cidadás de pleno dereito, con voz, criterio, experiencia, desexos e proxectos.

𝐇𝐨𝐱𝐞 𝐪𝐮𝐞𝐫𝐞𝐦𝐨𝐬 𝐪𝐮𝐞 𝐬𝐞 𝐞𝐬𝐜𝐨𝐢𝐭𝐞𝐧 𝐞𝐬𝐩𝐞𝐜𝐢𝐚𝐥𝐦𝐞𝐧𝐭𝐞.𝐏𝐞𝐫𝐨 𝐧𝐨𝐧 𝐬ó 𝐡𝐨𝐱𝐞. 𝐓𝐨𝐝𝐨𝐬 𝐨𝐬 𝐝í𝐚𝐬.❤️
𝐓𝐞𝐦𝐨𝐬 𝐦𝐨𝐢𝐭𝐨 𝐪𝐮𝐞 𝐝𝐢𝐜𝐢𝐫. 𝐄𝐬𝐜𝐨𝐢𝐭á𝐝𝐞𝐧𝐨𝐬.

30/09/2026

𝐄 𝐭𝐢, 𝐜𝐨𝐦𝐨 𝐭𝐞 𝐢𝐦𝐚𝐱𝐢𝐧𝐚𝐬 𝐜𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐬𝐞𝐱𝐚𝐬 𝐦𝐚𝐢𝐨𝐫? 🎙️ 𝐄𝐩𝐢𝐬𝐨𝐝𝐢𝐨 𝟕 𝐝𝐞 “𝐕𝐨𝐜𝐞𝐬 𝐝𝐞 𝐌𝐢𝐦𝐨𝐬𝐚𝐬”

Hoxe Rosa colle o micro e sae á rúa cunha pregunta que dá para pensar:
𝐜𝐨𝐦𝐨 𝐢𝐦𝐚𝐱𝐢𝐧𝐚𝐦𝐨𝐬 𝐚 𝐧𝐨𝐬𝐚 𝐯𝐢𝐝𝐚 𝐜𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐬𝐞𝐱𝐚𝐦𝐨𝐬 𝐦𝐚𝐢𝐨𝐫𝐞𝐬?

Nesta ocasión é ela quen entrevista, pregunta, escoita e conversa coa xente sobre a idade, o respecto, a actitude ante a vida e a maneira na que queremos ser tratados co paso dos anos.

Porque envellecer non debería significar deixar de decidir, participar, opinar nin formar parte da comunidade. 💚

En Mimosas queremos seguir abrindo espazos nos que as persoas maiores teñan voz, presenza e protagonismo real.

🎧 Dalle ao play e acompaña a Rosa neste novo episodio de Voces de Mimosas.

Despedimos o verán xuntándonos as persoas dos centros de día Mimosas de Barrantes e O Grove para g***r dun paseo no tren...
29/09/2026

Despedimos o verán xuntándonos as persoas dos centros de día Mimosas de Barrantes e O Grove para g***r dun paseo no tren turístico pola Toxa e O Grove. 🚂☀️

Compartimos paisaxes, conversas e lembranzas nunha saída que nos permitiu seguir gozando da nosa contorna e da compañía. 💛Cal sería a túa parada favorita?

VidaNaComunidade AtenciónCentradaNaPersoa PersoasMaiores

🚲☀️ 𝗨𝗻𝗵𝗮 𝘁𝗮𝗿𝗱𝗲 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗹𝗲𝗺𝗯𝗿𝗮𝗿 𝗲𝗻 𝗠𝗶𝗺𝗼𝘀𝗮𝘀 𝗕𝗮𝗿𝗿𝗮𝗻𝘁𝗲𝘀!Grazas á Asociación ENKI, vivimos unha experiencia de actividade física...
25/09/2026

🚲☀️ 𝗨𝗻𝗵𝗮 𝘁𝗮𝗿𝗱𝗲 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗹𝗲𝗺𝗯𝗿𝗮𝗿 𝗲𝗻 𝗠𝗶𝗺𝗼𝘀𝗮𝘀 𝗕𝗮𝗿𝗿𝗮𝗻𝘁𝗲𝘀!

Grazas á Asociación ENKI, vivimos unha experiencia de actividade física adaptada chea de movemento, risas e ganas de repetir.

As bicicletas permitiron que cada persoa participase segundo a súa mobilidade: algunhas pedalearon de maneira autónoma e outras g***ron do paseo con distintos apoios. Cada quen ao seu xeito e ao seu ritmo. 💚

Tamén houbo momentos compartidos coa familia, como o de María e a súa filla, que puideron vivir xuntas esta experiencia. Nas fotos e nos vídeos vese o ben que o pasamos!

Grazas, ENKI, por achegarnos unha actividade na que todas as persoas atoparon a súa maneira de participar. 🚴‍♀️✨

BoCoidado

𝗛𝗮𝗶 𝗿𝗲𝗰𝗼𝗿𝗱𝗼𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝗻𝗼𝘀 𝗹𝗲𝘃𝗮𝗻 𝗱𝗲 𝘃𝗼𝗹𝘁𝗮 𝗮 𝗽𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮𝘀, 𝗹𝘂𝗴𝗮𝗿𝗲𝘀 𝗲 𝗺𝗼𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗻 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗲 𝗱𝗮 𝗻𝗼𝘀𝗮 𝘃𝗶𝗱𝗮. 💚Hoxe, no Día Mundial d...
21/09/2026

𝗛𝗮𝗶 𝗿𝗲𝗰𝗼𝗿𝗱𝗼𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝗻𝗼𝘀 𝗹𝗲𝘃𝗮𝗻 𝗱𝗲 𝘃𝗼𝗹𝘁𝗮 𝗮 𝗽𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮𝘀, 𝗹𝘂𝗴𝗮𝗿𝗲𝘀 𝗲 𝗺𝗼𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗻 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗲 𝗱𝗮 𝗻𝗼𝘀𝗮 𝘃𝗶𝗱𝗮. 💚

Hoxe, no Día Mundial do Alzheimer, en Mimosas construímos a nosa particular 𝗣𝗼𝗻𝘁𝗲 𝗱𝗼𝘀 𝗥𝗲𝗰𝗼𝗿𝗱𝗼𝘀.

Cada cinta garda algo importante: unha persoa, unha canción, un lugar, unha vivenza, unha etapa da vida… Pequenos fragmentos de historias que merecen ser escoitadas e compartidas.

Porque detrás de cada persoa hai unha historia de vida única. E acompañar tamén significa coñecela, respectala e darlle valor.

Hoxe a nosa ponte quedou chea de cores, pero sobre todo chea de vida e de historias.

💚 𝟮𝟭 𝗱𝗲 𝘀𝗲𝘁𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼 · 𝗗í𝗮 𝗠𝘂𝗻𝗱𝗶𝗮𝗹 𝗱𝗼 𝗔𝗹𝘇𝗵𝗲𝗶𝗺𝗲𝗿

31/08/2026

🎙️✨ Xa está aquí o 6º episodio de Voces de Mimosas!

Este mes facemos a maleta e viaxamos cara atrás no tempo para recuperar un deses recordos que sempre saben a verán: as vacacións. ☀️🧳

Neste episodio, as nosas participantes abren o álbum dos seus recordos para compartir connosco viaxes, aventuras, momentos especiais e algunha que outra anécdota deses veráns que quedaron para sempre na memoria. 🏖️💛

Porque cada viaxe deixa unha pegada, pero hai lembranzas que, por moitos anos que pasen, seguen facéndonos sorrir. 😊✨

𝗔 𝗰𝘂𝗹𝘁𝘂𝗿𝗮 𝘁𝗮𝗺é𝗻 𝗻𝗼𝘀 𝗰𝗼𝗶𝗱𝗮 ❤️Na nosa Semana Cultural, ademais de celebrar as tradicións, tamén abrimos espazo para a músi...
26/06/2026

𝗔 𝗰𝘂𝗹𝘁𝘂𝗿𝗮 𝘁𝗮𝗺é𝗻 𝗻𝗼𝘀 𝗰𝗼𝗶𝗱𝗮 ❤️

Na nosa Semana Cultural, ademais de celebrar as tradicións, tamén abrimos espazo para a música, a literatura e as historias que nos fan reflexionar e sentir.

🎻 En Mimosas Barrantes tivemos a sorte de asistir, convidados polo Concello, ao Concerto Social e Comunitario do 𝙁𝙚𝙨𝙩𝙞𝙫𝙖𝙡 𝙄𝙣𝙩𝙚𝙧𝙣𝙖𝙘𝙞𝙤𝙣𝙖𝙡 𝘾𝙡𝙖𝙨𝘾𝙡á𝙨 en Vilagarcía de Arousa, un encontro no que a música clásica volveu demostrar o seu poder para emocionar, conectar e crear comunidade.

📖 En Mimosas O Grove recibimos ao escritor Antonio Italiani, que nos presentou o seu libro 𝙇𝙖 𝙘𝙪𝙡𝙥𝙖 𝙙𝙚 𝙨𝙚𝙧 𝙢𝙪𝙟𝙚𝙧. Unha obra que deu pé a un coloquio cheo de emocións, memoria e reflexión compartida. Ademais, quixo dedicar un exemplar ao equipo de Mimosas, un xesto que gardaremos con moito cariño.

Porque na cultura atopamos lembranzas, conversacións, emocións… e tamén unha forma de coidar.

ACP CulturaDoBoCoidado ClasClás AntonioItaliani EnvellecementoActivo CulturaQueCoida

23/06/2026

🌿🐟🍷 No San Xoán de Mimosas Barrantes e O Grove non só facemos herbas, sardiñas e pan de millo…

✨ Coidamos recordos, tradicións e identidade.

Porque o bo coidado tamén sabe a Galicia. 💙

TradiciónsGalegas Galicia 💫🔥🌿

Dirección

R/Mimosas, 2, Baixo 1, Barrantes-Ribadumia
Pontevedra
36636

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 20:00
Martes 08:00 - 20:00
Miércoles 08:00 - 20:00
Jueves 08:00 - 20:00
Viernes 08:00 - 20:00

Teléfono

+34986710758

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Mimosas Centros de día publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Mimosas Centros de día:

Atajos

Compartir

Categoría