Asociación Ambar

Cómo llegar Página web

Asociación Ambar 💚 𝑰𝒎𝒑𝒖𝒍𝒔𝒂𝒏𝒅𝒐 𝑽𝒊𝒅𝒂𝒔 𝑰𝒏𝒅𝒆𝒑𝒆𝒏𝒅𝒆𝒏𝒕𝒆𝒔 𝑬𝒏 𝑪𝒐𝒎𝒖𝒏𝒊𝒅𝒂𝒅𝒆 💛 💚Impulsando Vidas Independentes En Comunidade💛

⚠️ CANCELACIÓN DE XORNADA ⚠️Sentimos moito avisar con tan pouca antelación, pero por un imprevisto temos que cancelar a ...
22/10/2026

⚠️ CANCELACIÓN DE XORNADA ⚠️

Sentimos moito avisar con tan pouca antelación, pero por un imprevisto temos que cancelar a xornada de Tempo en familia prevista para esta tarde ás 17:00 h:

📌 «O camiño cara ao emprego: recursos, apoios e oportunidades»

🗓️ Avisaremos da nova data en canto nos sexa posible.

Pedímosvos desculpas polas molestias e agradecemos moito a vosa comprensión e apoio.

22/10/2026

| 🧑‍🍳Hoxe cociñamos en equipo, deixámosvos uns tips para cociñar de maneira sinxela e organizada:

1. 🖨️ Imprimir a receita
Ter a receita en papel permítenos consultala durante todo o proceso, seguir os pasos ao noso ritmo e saber que necesitamos en cada momento.

2. 📖 Ler a receita antes de comezar
Primeiro, revisamos con calma os ingredientes, os utensilios e todos os pasos. Entender o que imos facer axúdanos a anticiparnos e organizarnos.

3. 📝 Preparar e organizar os ingredientes
Ter todo á vista e preparado facilita seguir a receita e reduce esquecementos. Unha boa organización tamén é autonomía

4. 👥 Repartir as tarefas
Cada persoa pode escoller ou asumir unha parte da receita: lavar, cortar, medir, mesturar, preparar a mesa… Participar é tamén tomar decisión.

5. ⏳ Respectar os tempos de cada persoa
Non se trata de facelo rápido, senón de dar o tempo necesario para comprender, decidir e facer.

6. 🥧Adaptar os pasos ás capacidades de cada persoa
Podemos utilizar receitas con instrucións sinxelas, pictogramas, fotografías ou outros apoios visuais. Adaptar o contorno facilita a participación.

7. 🙌 Acompañar sen substituír
Antes de facer algo por outra persoa, podemos preguntarnos: “Que pode facer por si mesma? Que apoio necesita?” Acompañar é facilitar, non facer no seu lugar.

8. 🎉 Valorar o proceso, non só o resultado
O importante non é que a receita saia perfecta, senón aprender, participar, probar e g***r do proceso en equipo.

✨ Arte, reflexión e comunidade 🎨Esta mañá o equipo de arte da Asociación Ambar visitamos a exposición do XIX Certame de ...
21/10/2026

✨ Arte, reflexión e comunidade 🎨

Esta mañá o equipo de arte da Asociación Ambar visitamos a exposición do XIX Certame de Artes Isaac Díaz Pardo na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler (A Pobra do Caramiñal).

Unha mostra imprescindible que reafirma este certame como un espazo de encontro, creación contemporánea e diálogo arredor da identidade, a memoria e o territorio. 🌿🖼️

👏 Parabéns á Deputación da Coruña e ó Concello da Pobra do Caramiñal por seguir impulsando a cultura e a arte na nosa contorna!

🙏 Familia! Necesitamos o voso apoio 😊Ambar é unha das entidades finalistas nos Premios Solidarios Orange 🧡.Só tedes que ...
20/10/2026

🙏 Familia! Necesitamos o voso apoio 😊

Ambar é unha das entidades finalistas nos Premios Solidarios Orange 🧡.

Só tedes que entrar nesta ligazón e regalarnos un clic:
👉 https://voluntariado.masorange.es/candidatura/arxilosas/

⚠️ MOI IMPORTANTE: Para que o voto conte, hai que facer 2 pasos:
1️⃣ Comprobar o correo: Recibirás un email para validar a votación.
2️⃣ Confirmar: Fai clic no enlace que che chega ao email para rexistrar o voto.

⏰ Prazo: Aberto ata o 30 de outubro. Despois, os proxectos máis votados pasarán á fase final.

Moitas grazas por axudarnos a conseguilo! 💚💛

🌸O pasado venres visitamos a EEI de Coirós ca actividade 📚 «Lecturas que se senten», unha proposta de animación á lectur...
20/10/2026

🌸O pasado venres visitamos a EEI de Coirós ca actividade 📚 «Lecturas que se senten», unha proposta de animación á lectura na que descubrimos o conto Rosa Caramelo, adaptado a lectura fácil e acompañado de pictogramas e signos para favorecer a comprensión e a participación de todos os nenos e nenas. 🦩💗
A través desta historia, reflexionamos sobre a igualdade, a diversidade e a liberdade de ser un mesmo.
🎨✨ Rematamos a sesión creando un mural colectivo cheo de cor, no que cada achega se converteu nunha mensaxe de inclusión, respecto e igualdade. 🌈🤝
Unha experiencia para lembrar que cada persoa é única e que todas merecemos medrar en liberdade!💕

Moitas grazas El Correo Gallego 💚💛➡️ https://asociacionambar.org/calendario-solidario-2027/
20/10/2026

Moitas grazas El Correo Gallego 💚💛
➡️ https://asociacionambar.org/calendario-solidario-2027/

Un calendario de película para apoiar as vivendas inclusivas de Ambar

O fotógrafo Pichero colabora nunha iniciativa que busca promover a inclusión e a vida independente

🔗 Para más información pincha en el enlace del primer comentario. 👇

✨ Este venres 23 levamos 'A Serea Mariña' á Casa da Cultura de Outes. Esta actuación está enmarcada dentro do 'Circuíto ...
19/10/2026

✨ Este venres 23 levamos 'A Serea Mariña' á Casa da Cultura de Outes. Esta actuación está enmarcada dentro do 'Circuíto en igualdade' da Deputación da Coruña . Vémonos ás 12:00h no Concello de Outes .
A Serea Mariña (grupo Elas) é unha peza escénica dirixida por Fran Sieira que conxuga tradición e contemporaneidade para mergullarnos no mar galego e no papel fundamental da muller na nosa costa.

DATAS! 🌊👇

📅 23 OUT | Concello de Outes
📍 Casa da Cultura de Outes ⌚ 12:00 h

📅 25 OUT | Concello de Cedeira
📍 Auditorio de Cedeira ⌚ 18:00 h

📅 27 NOV | Concello de Negreira
📍 Auditorio Afonso Eanes ⌚ 20:30 h

📅 3 DEC | Concello de Narón
📍 Auditorio de Narón ⌚ 11:30 h

📅 3 DEC | Concello de Ferrol
📍 Centro Cultural Carvalho Calero ⌚ 18:30 h

📅 12 DEC | Concello de Ames
📍 Auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns ⌚ 17:00 h

En Ambar cremos que todas as persoas merecen un fogar onde desenvolver o seu proxecto de vida, sen barreiras e ca seguri...
15/10/2026

En Ambar cremos que todas as persoas merecen un fogar onde desenvolver o seu proxecto de vida, sen barreiras e ca seguridade de ter profesionais que facilitan o día a día 💚🥧.

🏘️ Hoxe compartimos con vós un anaquiño destes momentos de vida que constrúen as persoas usuarias do proxecto de Vivenda con Apoio! Unha maneira alternativa de vivir de xeito independente, contando co apoio profesional de Ambar.

🙌 A independencia é un dereito, non un luxo!

ℹ️ Este proxecto é posible grazas á colaboración e ó financiamento da Deputación da Coruña . Grazas por facer realidade o noso proxecto Vivenda con Apoio!

✨O CAMIÑO CARA AO EMPREGO: Recursos, apoios e oportunidades✨☕Nova xornada de Tempo en familia! 👨‍👩‍👧‍👦. Nesta ocasión, r...
14/10/2026

✨O CAMIÑO CARA AO EMPREGO: Recursos, apoios e oportunidades✨

☕Nova xornada de Tempo en familia! 👨‍👩‍👧‍👦. Nesta ocasión, reunirémonos para falar dun tema clave: o acceso ao mercado laboral das persoas con diversidade funcional.

Acompañáronos a explorar ferramentas de orientación, formación laboral, emprego con apoio e moitos outros recursos para abrir portas ao futuro profesional. 🚀

📅 Xoves, 22 de outubro

⏰ De 17:00 h a 18:30 h

📍 Centro de Recursos da Asociación Ambar (Lg. de Granxa, 5 - San Roque, Ribeira)

📩 Confirma asistencia! Envíanos un correo electrónico ou déixanos unha mensaxe privada para reservar a túa praza.

Acompañámonos a construír oportunidades para todos e todas! ❤️

Dirección

Lg. De Granxa, 5 San Roque
Puebla Del Caramiñal
15967

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 17:00
Martes 09:00 - 17:00
Miércoles 09:00 - 17:00
Jueves 09:00 - 17:00
Viernes 09:00 - 17:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación Ambar publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir