03/09/2025
✨ Querida familia de Perfumes Redondela ✨
Chegou o momento de compartir unha nova importante: en breve imos pechar as portas da nosa tenda física. 💫
Foron anos cheos de aromas, sorrisos e conversas que gardamos con moitísimo cariño. 🌿
🤍 Grazas de corazón a todas e todos os que confiastes en nós, que vos detivestes a falar un intre ou que fixestes dos nosos perfumes e coidados parte da vosa vida.
Isto non é unha despedida, senón unha nova etapa: seguiremos véndonos e atendéndovos doutro xeito, porque esta relación tan bonita non remata aquí.
🙏 Grazas infinitas por estar aí sempre.
Con todo o noso agarimo,
Perfumes Redondela 🌸✨