O Ferrado Marelo

Cómo llegar

O Ferrado Marelo Comercio EcoSostible
Alimentación - Fogar - Cosmética Natural
Granel / Sen Plástico
Eco / Vegan
Proximidade

🌰 Cremas de froitos secos para descubrir novos saboresAméndoas, abelás, anacardos, cacahuetes, sésamo ou pistacho… Cada ...
16/10/2026

🌰 Cremas de froitos secos para descubrir novos sabores

Améndoas, abelás, anacardos, cacahuetes, sésamo ou pistacho… Cada froito ten o seu propio sabor, e cada crema ofrece unha forma diferente de desfrutalo.

No Ferrado Marelo contamos con propostas de TerraSana - B Corp, Base Mill e Maná Pistachos Ecológicos, tres marcas con diferentes opcións para a túa despensa:

🌿 TerraSana: cremas de améndoa, anacardo e abelá, ademais de mesturas como 2-Mix, 3-Mix e 4-Mix. Opcións para quen busca o sabor dos froitos secos sen azucres engadidos.
🥜 Base Mill: pastas de améndoa, abelá e cacahuete elaboradas con moenda lenta en muíño de pedra. Tamén conta con tahín de sésamo e combinacións de froitos secos con cacao.
💚 Maná: a súa crema de pistacho destaca pola textura suave e cremosa, o sabor intenso e a ausencia de azucres engadidos e aditivos.

Podes desfrutalas en torradas, engadilas aos teus almorzos ou incorporalas a receitas doces e salgadas. Hai moito máis por descubrir alén da clásica crema de cacahuete!

Lista para esta semana un pouco máis cortiña!Os frescos de produción local chegan hoxe martes e o produto nacional chega...
13/10/2026

Lista para esta semana un pouco máis cortiña!
Os frescos de produción local chegan hoxe martes e o produto nacional chegará mañá mércores.
📲 722807366 para que envies o teu pedido por whatsapp
🧺💛 Recolle na tenda o teu encargo marelo

VOLTAMOS!! 🙌😊💛E esta é a lista semanal das@froitas e verduras que teremos a partir de hoxe martes 06/10.📲 722807366 para...
06/10/2026

VOLTAMOS!! 🙌😊💛
E esta é a lista semanal das@froitas e verduras que teremos a partir de hoxe martes 06/10.
📲 722807366 para os teus pedidos.

TOCA DESCANSAR 🙌💛Vémonos de volta o martes 6 de outubro 😊
26/09/2026

TOCA DESCANSAR 🙌💛

Vémonos de volta o martes 6 de outubro 😊

Cando pensamos na soia, probablemente veñan á cabeza o tofu, a bebida vexetal ou algún produto elaborado. Pero antes de ...
25/09/2026

Cando pensamos na soia, probablemente veñan á cabeza o tofu, a bebida vexetal ou algún produto elaborado. Pero antes de chegar a todo iso, hai unha planta. 🌱

A soia é unha leguminosa orixinaria do leste de Asia, onde se cultiva dende hai miles de anos. Co tempo estendeuse por diferentes partes do mundo e converteuse nun dos cultivos máis importantes a nivel global.

E aquí aparece unha cuestión interesante: non toda a soia ten o mesmo destino nin procede do mesmo lugar.

A súa versatilidade fixo que estea presente en moitos alimentos, pero tamén que sexa importante mirar a súa orixe e apostar, sempre que sexa posible, por produtos de proximidade e con garantías de cultivo responsable.

Desde o punto de vista nutricional, a soia destaca especialmente polo seu contido en proteína vexetal e pola súa composición, que a converte nun alimento moi interesante dentro dunha alimentación variada.

Lista SemanalE esta semana afina ben o teu pedido porque a semana que ven, non estamos! 😊🙆🏻‍♀️🌴🌺📲 722807366 whatsapp par...
21/09/2026

Lista Semanal

E esta semana afina ben o teu pedido porque a semana que ven, non estamos! 😊🙆🏻‍♀️🌴🌺

📲 722807366 whatsapp para reservas

Hai alimentos que asociamos inmediatamente ao outono, pero que teñen unha historia que comeza moito antes de chegar á po...
18/09/2026

Hai alimentos que asociamos inmediatamente ao outono, pero que teñen unha historia que comeza moito antes de chegar á pota.

É o caso dos garavanzos. 🌱

Esta legume cultívase dende hai miles de anos e adaptouse a diferentes climas e territorios. A planta é pequena e resistente, e os seus froitos medran dentro de pequenas vaíñas que gardan normalmente un ou dous garavanzos.

Na nosa alimentación son un básico por unha boa razón: achegan proteína vexetal, fibra, vitaminas e minerais, e permiten preparar moitísimos pratos diferentes.

Non fai falta convertelos sempre no típico guiso de inverno. Pódense comer en ensalada con verduras de tempada, triturados para facer hummus, asados ao forno con especias ou incorporados a cremas e salteados. 🥗

17/09/2026
Reanudamos a Lista Semanal para que poidas organizar o menú e facer o teu pedido tranquilamente por whatsapp:👀 Revisa a ...
14/09/2026

Reanudamos a Lista Semanal para que poidas organizar o menú e facer o teu pedido tranquilamente por whatsapp:

👀 Revisa a lista
📲 PIDE: 722807366
🧺💛 Recolle no Ferrado Marelo

As lentellas son desas legumes que probablemente levas toda a vida vendo na despensa. Pero… algunha vez te preguntaches ...
11/09/2026

As lentellas son desas legumes que probablemente levas toda a vida vendo na despensa. Pero… algunha vez te preguntaches como é unha planta de lentellas? 🌱

Pequenas, discretas e fáciles de almacenar, as lentellas levan miles de anos formando parte da alimentación humana. Existen diferentes variedades, con tamaños, cores e texturas distintas, e o seu cultivo está presente en diferentes zonas da península.

Na cociña son moito máis versátiles do que ás veces pensamos: en ensaladas, cremas, hamburguesas vexetais, hummus, salteados ou simplemente acompañadas de verduras de tempada.

E nutricionalmente teñen moito que ofrecer: son unha boa fonte de proteína vexetal e fibra e achegan minerais como ferro, magnesio e potasio.

🍂 Agora que comeza o outono, recuperar as legumes tamén é unha forma sinxela de volver a unha alimentación máis nutritiva, variada e baseada en produtos básicos.

Dirección

Avenida De Galicia, 3
Ribadeo
27700

Horario de apertura

Lunes 10:00 - 13:45
16:30 - 20:00
Martes 10:00 - 13:45
16:30 - 20:00
Miércoles 10:00 - 13:45
16:30 - 20:00
Jueves 10:00 - 13:45
16:30 - 20:00
Viernes 10:00 - 13:45
16:30 - 20:00
Sábado 10:00 - 14:00

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando O Ferrado Marelo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir