Boas Apertas S.L.U

Boas Apertas S.L.U CENTRO DE ATENCIÓN DIURNA PARA PERSOAS MAIORES
ARCADE - SOUTOMAIOR

Boas Apertas ofrece su servicio durante el día para satisfacer las necesidades básicas de las personas mayores a nivel personal, físico y/o sociocultural.

🌸🪻ARTE QUE FLORECE COAS MANS🪻🌸Sodes uns artistas!!!Os nosos avós e avoas, con dedicación e moito agarimo elaboraron nosa...
06/06/2026

🌸🪻ARTE QUE FLORECE COAS MANS🪻🌸

Sodes uns artistas!!!
Os nosos avós e avoas, con dedicación e moito agarimo elaboraron nosa alfombra do Corpus Christi, unha fermosa tradición que seguimos mantendo viva grazas á súa implicación e compromiso.👌🫂

Cada flor, cada detalle e cada sorriso forman parte dun traballo que enche de orgullo a nosos maiores.🌸🌼

Grazas por ser exemplo de participación, colaboración e amor polas tradicións.💚

👉 Sementando cousas bonitas 👈
Bo fin de semana!
Apertas 💚❤️

05/06/2026

💪💪

🤾🏀 ENERXÍA, DEPORTE E SORRISOS 🏀🤾Hoxe tivemos a sorte de participar na celebración do Día da Fundación Decathlon en Vial...
03/06/2026

🤾🏀 ENERXÍA, DEPORTE E SORRISOS 🏀🤾

Hoxe tivemos a sorte de participar na celebración do Día da Fundación Decathlon en Vialia Vigo.👏👏

Foi unha xornada chea de deporte, diversión, compañeirismo e moi bos momentos compartidos.😃💚

Ademais, gozamos dunha merenda exquisita e dun trato formidable por parte da organización.👌

Moitas grazas a Decathlon pola invitación e por facer posible unha actividade tan especial. Encantounos formar parte desta festa! 🏃‍♀️🏃‍♂️🎉

👉 Sementando cousas bonitas 👈
Apertas💚❤️

👞🪡DO COIRO Á ILUSIÓN: OBRADOIRO CON MOITO XEITO🪡👞Os nosos maiores, unha vez mais demostraron que a arte e a ilusión non ...
02/06/2026

👞🪡DO COIRO Á ILUSIÓN: OBRADOIRO CON MOITO XEITO🪡👞

Os nosos maiores, unha vez mais demostraron que a arte e a ilusión non teñen idade.👈☺️

Grazas a unhas tiras de coiro preparadas con todo agarimo polo noso amigo Zapatería Candi , zapateiro de Redondela, convertéronse por un día en auténticos zapateiros e zapateiras.🪡👞

Queremos agradecerlle de corazón a Candi a súa colaboración, a súa xenerosidade co material facilitado e, sobre todo, o agarimo e respecto co que sempre ten presentes aos nosos maiores.🫂💚

Actividades coma esta non só fomentan a creatividade e a motricidade, senón que tamén permiten compartir experiencias, manter vivos os oficios tradicionais e crear momentos cheos de ilusión e satisfacción.👏👏👌

👉 Sementando cousas bonitas 👈
Apertas 💚❤️

🌿💚LEMBRENZAS SABIAS💚🌿Tivemos unha actividade ben especial da man da nosa querida xerocultora Noelia.👌Trouxo distintas pl...
27/05/2026

🌿💚LEMBRENZAS SABIAS💚🌿

Tivemos unha actividade ben especial da man da nosa querida xerocultora Noelia.👌

Trouxo distintas plantas da nosa contorna e os nosos queridos sabios e sabias compartiron connosco todos os seus segredos e propiedades 🌼🍃

Entre lembranzas, risas e moita sabedoría, aprendemos un montón!👍👏👏

Sen dúbida, unha actividade marabillosa onde eles e elas volveron ser os grandes mestres 💫👏

👉 Sementemos cousas bonitas 👈
Apertas 💚❤️

☀️📚REDONDELA: LECTURA NA RÚA 📚☀️Era a nosa primeira vez nesta actividade á que fomos convidados… e non puidemos sentirno...
22/05/2026

☀️📚REDONDELA: LECTURA NA RÚA 📚☀️

Era a nosa primeira vez nesta actividade á que fomos convidados… e non puidemos sentirnos máis arroupados e ben recibidos 🫂💚

Compartimos unha xornada preciosa con colexios e compañeiros doutros centros de día, enchendo a Alameda de Redondela con lecturas, conversas, sorrisos e intercambio de marcapáxinas 📖✨

Os máis novos e os non tan novos demostramos que as historias unen xeracións ❤️

Foi unha experiencia marabillosa… tanto, que xa estamos contando os días para repetir o ano que vén! 😉👌

Moitas grazas pola fantástica invitación e pola acolleda tan bonita. Levamos connosco un anaquiño desta xornada tan especial 📚💚

Leer non e facer algo, e facerse alguén!👏🏼👏🏼☺️

👉Sementando cousas bonitas 👈
Apertas 💚 ❤️

🤍🩵🤍17 MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS🤍🩵🤍O Día das Letras Galegas o celebramos con varias experiencias moi enriquecedoras:👉 ...
17/05/2026

🤍🩵🤍17 MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS🤍🩵🤍

O Día das Letras Galegas o celebramos con varias experiencias moi enriquecedoras:

👉 Achegámonos á obra e á vida de Begoña Caamaño, homenaxeada nas Letras Galegas 2026, unha muller comprometida coa lingua, a cultura e a igualdade.

👉Fixemos un taller no que estiveron moi presentes palabras fermosas da nosa lingua.

👉E gozamos da visita do gran poeta Daniel Costas, que nos emocionou cunha arte que nace do corazón.
Grazas por compartir connosco a túa sensibilidade e o amor pola nosa lingua.🫂

Porque o único idioma que se perde é o que non se fala.🤍 💙🤍

👉Sementemos cousas bonitas 👈
Apertas 💚❤️

🫂❤️15 DE MAIO: DÍA DA FAMILIA ❤️🫂Hoxe en Boas Apertas celebramos o Día da Familia, rodeados desa familia que non sempre ...
15/05/2026

🫂❤️15 DE MAIO: DÍA DA FAMILIA ❤️🫂

Hoxe en Boas Apertas celebramos o Día da Familia, rodeados desa familia que non sempre é de sangue, pero que se escolle co corazón e crea vínculos fermosos e inesquecibles.☺️ 🫂

Grazas ás familias que nos acompañastes nesta tarde tan especial, ao marabilloso grupo Mariachi Vigo pola súa música, as súas grandes voces e o agarimo que transmitiron, e ao incrible equipo de Boas Apertas por facer posible momentos así.👏👏👏👌

O colofón chegou da man do noso gran amigo Basilio, que emocionou a todos coa fermosa poesía dedicada á nosa querida e sabia Consuelo, aos seus 104 anos.👍🤩

E, sobre todo, grazas aos nosos maiores, que son a alma desta gran familia. 🫶💚❤️

👉Sementando cousas bonitas👈
Apertas 💚❤️

10/05/2026

🖼️👐 INTERCAMBIANDO MOMENTOS ARTÍSTICOS 👐🖼️

O xoves tivemos unha visita moi especial dos mais peques do CEIP de Ponte Sampaio 💚

Como o arte une xeracións, creamos xuntos un mural coas mans dos nosos maiores e dous máis pequenos 🎨🖐️

Grazas por compartir connosco actividades tan enriquecedoras e por contar sempre con nós.

Desexando repetir! 😊
👉 Sementando cousas bonitas 👈
Apertas 💚❤️

👞🔨1 DE MAYO DÍA DO TRABALLADOR: OFICIOS QUE DEIXAN PEGADA🔨👞O luns tivemos a sorte de recibir a visita de Candi, zapateir...
07/05/2026

👞🔨1 DE MAYO DÍA DO TRABALLADOR: OFICIOS QUE DEIXAN PEGADA🔨👞

O luns tivemos a sorte de recibir a visita de Candi, zapateiro en Redondela Zapatería Candi , con motivo do Día do Traballador.

Compartiu connosco a beleza dun oficio antigo, transmitindo a importancia da tradición, do traballo feito coas mans e do agarimo por cada detalle.👞👌

Foi unha experiencia marabillosa, chea de sensibilidade, proximidade e respecto cara aos nosos maiores.👏👏💚

Grazas, Candi, polo trato tan cercano e por facernos vivir unha xornada tan especial.🫂
Queremos aprender mais👌

👉 SEMENTANDO COUSAS BONITAS 👈
Apertas 💚❤️

Dirección

Alameda De TAlo Río Nº 5
Ribaforada
36691

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 20:00
Martes 08:00 - 20:00
Miércoles 08:00 - 20:00
Jueves 08:00 - 20:00
Viernes 08:00 - 20:00

Teléfono

+34886203128

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Boas Apertas S.L.U publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Boas Apertas S.L.U:

Compartir