24/01/2026
Muchas gracias!!!
🍯🥇O mel producido en Salceda de Caselas segue levando o nome do noso concello por todo o mundo. A firma Abella Leda, do noso veciño Joseba Aramburu, vén de acadar a medalla de ouro nos Paris Honey Awards co seu mel de milflores.
Este recoñecemento súmase á medalla de ouro nos London Honey Awards e ao premio ao mellor mel de castiñeiro no concurso nacional de Mieladictos, confirmando un traballo feito con calma, coidado e moita paixón pola apicultura. 🏆🐝
Un éxito que pon en valor non só a calidade do produto, senón tamén unha forma de traballar respectuosa co medio e fundamental para a protección das abellas.
👏 Desde o Concello de Salceda, os nosos parabéns e o agradecemento por levar o nome do concello tan alto.