Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

COGAMI COGAMI é a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade. Visita a nosa web:www.cogami.gal, tamén estamos en Twitter, Linkedin, Instagram e Youtube.

Somos a entidade máis representativa en Galicia das persoas con discapacidade física e orgánica. Temos integradas máis de 50 asociacións de ámbito comarcal, prestamos servizos a máis de 60.000 persoas ao ano e xestionamos 11 iniciativas empresarias nas que traballan máis de 500 persoas, das que máis do 90% temos discapacidade.

📢 Queres traballar en COGAMI? Temos novas oportunidades laborais!Buscamos profesionais para incorporación inmediata nest...
16/10/2026

📢 Queres traballar en COGAMI? Temos novas oportunidades laborais!
Buscamos profesionais para incorporación inmediata nestes postos:
📍 Docente en Pontevedra
📍 Orientador/a laboral en Ourense
📍 Orientador/a laboral en Lugo
👉 Consulta os requisitos e envía a túa candidatura a través da nosa web que deixamos no primeiro comentario:
Pode ser a túa próxima oportunidade profesional!

Como se pode comprobar que a perspectiva de xénero está presente en todas as actividades dun proxecto?Con motivo do Día ...
15/10/2026

Como se pode comprobar que a perspectiva de xénero está presente en todas as actividades dun proxecto?

Con motivo do Día Internacional das Mulleres Rurais, 15 de outubro, ConVive Rural deseña unha ferramenta de seguimento do xénero e a interseccionalidade.

Trátase dun instrumento que as entidades do proxecto cobren despois de cada actividade e que permite revisar aspectos como a planificación en función das necesidades de mulleres e homes, a linguaxe e as imaxes inclusivas, a conciliación ou a prevención da violencia de xénero.

📊 A partir destes rexistros, a ferramenta xera indicadores que axudan a identificar aspectos que se poden mellorar.

Porque a igualdade non consiste unicamente en contar cantas mulleres participan, senón tamén en analizar como se deseñan as actividades e que barreiras poden atopar, especialmente cando conflúen o xénero, a discapacidade e o territorio.

O proxecto ConVive Rural enmárcase no Programa FSE+ de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza, e está cofinanciado pola Unión Europea e a Fundación MAPFRE a través da convocatoria Axudas +RURAL 2025.

14/10/2026

💼 Ter un traballo é una fonte de identidade, de utilidade e de pertenza. Por iso, é un dereito para todas as persoas.
🎯 No 20º aniversario da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, lembramos que aínda existen prexuízos no ámbito empresarial. Sen embargo, a capacidade, a formación ou a experiencia non poden quedar nun segundo plano.
🗣 Hoxe escoitamos a Ruth, que nos recorda a importancia de dar oportunidades laborais ás persoas con discapacidade. Porque cómpre acadar un mercado de traballo inclusivo, libre de estereotipos e de discriminación.

Sumamos 76 novas persoas voluntarias!A nosa rede de voluntariado suma cada ano: 48 mulleres e 28 homes incorporáronse es...
13/10/2026

Sumamos 76 novas persoas voluntarias!
A nosa rede de voluntariado suma cada ano: 48 mulleres e 28 homes incorporáronse este ano, elevando a 1.505 o número total de persoas inscritas.
Destas incorporacións, 24 son persoas con discapacidade.
A nosa rede de voluntariado está financiada por Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través de Voluntariado Galego

42 profesionais en 35 entidades reforzando servizos.Este sería o resumo do que significa para COGAMI e o seu movemento a...
13/10/2026

42 profesionais en 35 entidades reforzando servizos.
Este sería o resumo do que significa para COGAMI e o seu movemento asociativo o Programa Cooperación, que nos permite incorporar novos perfís profesionais aos equipos durante un ano.

Esta incorporación vén reforzar servizos tan importantes como son os coidados, educación, traballo social, fisioterapia, administración e moitas outras áreas de atención ás persoas con discapacidade.

🔗 Coñece todas as incorporacións no enlace que deixamos en comentarios.

Xa está aquí unha nova edición de O Boletín de COGAMI!Un novo número para coñecer de preto a actualidade de COGAMI, o mo...
12/10/2026

Xa está aquí unha nova edición de O Boletín de COGAMI!

Un novo número para coñecer de preto a actualidade de COGAMI, o movemento asociativo e as nosas empresas de Galega de Economía Social, a través de historias, proxectos e iniciativas que merecen ser contadas.

👉 Anímate a lelo e ponte ao día con todo o que compartimos!
Enlace en comentarios

11/10/2026

Buscamos talento. Buscámoste a ti!

Tes entre 18 e 30 anos e non sabes por onde empezar coa túa vida laboral?

Santi xa deu o paso. E ti tamén podes facelo. 💪

En COGAMI acompañámoste para que atopes o teu camiño profesional:
✨ Orientación laboral
📚 Cursos de formación
💼 Ofertas de emprego
🤝 Acompañamento durante o proceso

Dá o paso! 👉 Contacta con nós
Santiago | 981 574 698 | [email protected]
A Coruña | 981 231 105 | [email protected]
Ferrol | 981 325 568 | [email protected]
Lugo | 982 253 332 | [email protected]
Ourense | 988 246 057 | [email protected]
Pontevedra | 986 863 709 | [email protected]
Vigo | 986 281 893 | [email protected]

09/10/2026

🫵 E ti por que estás orgullosa de traballar/participar no Terceiro Sector❓
No animamos a que alcedes a voz e pregoedes os motivos polos que estar orgullosas.
Elas e nós o temos claro:
🧩 Somos unha peza clave no reforzo do estado de benestar.
🌱 Creamos comunidade mirando polas persoas que teñen máis dificultade.
📈 Somos un motor xerador de riqueza e emprego a pesares de carecer de ánimo de lucro.
📹 Grávate un vídeo explicando as túas razóns e súbeo coa etiqueta

O Centro de Atención Diúrna de COGAMI en Monteporreiro mellora os seus equipamentos e o servizo de transporte adaptado g...
08/10/2026

O Centro de Atención Diúrna de COGAMI en Monteporreiro mellora os seus equipamentos e o servizo de transporte adaptado grazas aos fondos do 0,7 % do IRPF recadados a través da X Solidaria.

Entre as melloras, incorporouse unha cadeira de rodas eléctrica para facilitar os desprazamentos de longa distancia e reforzouse o servizo de transporte adaptado coa contratación dun condutor.

Son recursos que contribúen a facilitar o día a día das persoas usuarias e a mellorar a súa participación e autonomía.

👉 Coñece todas as melloras na nosa web. Enlace no primeiro comentario

ACADAR pon en marcha en Lugo un proxecto dirixido a mulleres con discapacidade para favorecer o seu desenvolvemento pers...
07/10/2026

ACADAR pon en marcha en Lugo un proxecto dirixido a mulleres con discapacidade para favorecer o seu desenvolvemento persoal e potenciar a súa autonomía.

A través de seis obradoiros, traballaranse aspectos como a autoestima, a identificación das emocións, a conciencia corporal, a ximnasia adaptada, a saúde mental e as habilidades persoais e relacionais.

Un espazo para aprender, experimentar e desenvolver novas habilidades.

👉 Le a noticia completa na web. Tes o enlace no primeiro comentario.

Dirección

Modesto Brocos, 7
Santiago De Compostela
15704

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:30
16:00 - 18:00
Martes 09:00 - 14:30
16:00 - 18:00
Miércoles 09:00 - 14:30
16:00 - 18:00
Jueves 09:00 - 14:30
16:00 - 18:00
Viernes 09:00 - 14:30

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando COGAMI publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a COGAMI:

Atajos

Compartir