Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria

Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria Páxina oficial da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria

Queremos espertar en tódolos profesionais de Atención Primaria de Saúde un interese polo desenvolvemento da nosa profesión, avanzar na nosa autonomía profesional, promover e mellorar os nosos coñecementos científicos, ser interlocutores coa Administración Sanitaria naqueles temas que teñan relación coa saúde e máis concretamente cos coidados de enfermaría, proxectar a sociedade unha imaxe máis aco

rde coa nosa valía profesional e conseguir o desenvolvemento da especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria.

Dende a AGEFEC queremos dar a benvida ás/aos novas/os EIR que se incorporan este 5 de xuño á especialidade de Enfermaría...
05/06/2026

Dende a AGEFEC queremos dar a benvida ás/aos novas/os EIR que se incorporan este 5 de xuño á especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria.

Comeza unha etapa chea de aprendizaxe, retos e experiencias que vos farán medrar tanto profesional como persoalmente.

Na AGEFEC queremos acompañarvos neste camiño: contamos con congresos, actividades formativas e grupos de traballo nos que podedes participar activamente, compartir coñecemento e crear rede con outras/os profesionais.

Ademais, lembrámosvos que o primeiro ano de inscrición é de balde para novas/os residentes e tamén para titoras/es.

Benvidas e benvidos á comunidade EFeC!

Prezados socios e socias:Como xa vos anunciamos, a AGEFEC mudou a súa páxina web.O primeiro cambio foi o paso do dominio...
03/06/2026

Prezados socios e socias:

Como xa vos anunciamos, a AGEFEC mudou a súa páxina web.

O primeiro cambio foi o paso do dominio .org ao dominio .gal. Pero, sen dúbida, o cambio máis importante foi a actualización e imaxe da páxina: máis accesible, visual e fácil de consultar, con espazo propio para os/as asociados:
- Por unha parte, unha área privada, para a cal vos chegarán a alta e os accesos nos vindeiros días (xa nos preguntástedes varias persoas por elo, pero o proceso non vai ser inmediato polo elevado número de socios/as e altas a facer).
- Por outra, unha aula virtual propia da AGEFEC, para os nosos futuros cursos (nos que xa estamos a traballar 😉).

O que si mantivo esta nova web foi a súa, e por ende, a nosa esencia: o contido científico e a defensa e loita dos/as EFEC e da especialidade.

Agardamos que vos guste. Calquera achega ou mellora ao respecto podédesnola achegar.

A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias 💙💪🏻

Comprácenos convidar aos nosos socios e socias a unhas novas Xornadas da AGEFEC, que contarán ademais con acto de benvid...
29/05/2026

Comprácenos convidar aos nosos socios e socias a unhas novas Xornadas da AGEFEC, que contarán ademais con acto de benvida para ás/aos novas/os residentes EIR de Familiar e Comunitaria.

Celebraranse o sábado 13 de xuño de 2026, en horario de 9h a 14h, no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI).

Para as Xornadas, temos preparada a seguinte mesa:

- Comunicación Clínica e Abordaxe de Situacións Complexas na Consulta, con simulacións de casos clínicos por parte dos membros dos Grupos de Traballo da AGEFEC.

Así mesmo, disporemos dunha pausa café tras, a cal, sortearemos entre os/as asistentes, unha inscrición gratuíta ao noso vindeiro Congreso!

A maiores, os/as EIR socios/as que acudan recibirán un desconto do 50% na inscrición do curso “Iniciación ás actividades preventivas na Atención Primaria”, elaborado por socias/os da AGEFEC con ampla traxectoria docente, que comezará en modalidade en liña con metodoloxía B-learning en setembro de 2026.

Tras isto, en torno ás 12:30h, daremos paso a unha nova Asemblea de Socios en sesión Ordinaria e Extraordinaria para a celebración das eleccións á Xunta Directiva da AGEFEC, para a cal vos achegamos a convocatoria a través do voso correo de asociados/as.

Para asistir tanto ás Xornadas como á Asemblea, dispodes dunha ligazón única tamén no correo.

Agardámosvos! A AGEFEC é necesaria, somos necesarias e necesarios 💙 💪🏻

Atención❗ Dada a alta demanda dos cursos de Medicarama ofertados no 2025, abrimos unha nova convocatoria neste 2026. Ade...
20/05/2026

Atención❗ Dada a alta demanda dos cursos de Medicarama ofertados no 2025, abrimos unha nova convocatoria neste 2026.

Ademais, os inscritos ás listas de contratación de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, coa publicación do novo pacto de contratacións, poderán incluílos como mérito curricular para a seguinte actualización das mesmas.

A data de inicio dos mesmos será do 01/06/2026, e a data de fin do 01/07/2026.

Os 4 cursos que se ofertan son os seguintes:

1. Atención Integral ao paciente con Obesidade CFC 5,3. Custo: 35 €
2. Coidados da Muller con Menopausia CFC 6,8. Custo 39 €
3. Coidados Paliativos CFC 12,1. Custo 42 €
4. Valoración Xeriátrica Integral CFC 9,7. Curso 48 €

A data de fin de preinscrición aos mesmos será do 28/05/26, inclusive.

Lembramos aos que vos preinscribistes nas anteriores edicións pero que non completastes o procedemento de pago, que no caso de que esteades interesados, deberedes preinscribirvos de novo.

Achegamos a ligazón para realizar a preinscrición: https://agefec.gal/formacion/formacion-continuada-2026/

A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias 💙💪🏻

Hoxe, 12 de maio, celebramos o Día Mundial da Enfermaría. Celebramos unha maneira de entender o coidado, o compromiso co...
12/05/2026

Hoxe, 12 de maio, celebramos o Día Mundial da Enfermaría. Celebramos unha maneira de entender o coidado, o compromiso colectivo coa vida e coa dignidade das persoas.

Mais esta data non pode ser allea á realidade actual da sanidade. Vivimos tempos de incerteza, de sobrecarga asistencial e de reinvidcacións que nos apelan tanto como profesionais como cidadáns usuarios/as do propio sistema sanitario. Non debemos esquecernos de que este presente ten por obxectivo lograr un futuro mellor para todos e todas; cunha planificación, investimento e condicións laborais axeitadas e adaptadas á realidade, a enfermaría poderá centrarse, desenvolver e mellorar aquelo para o que foi formada: o coidado do individuo, da familia e da comunidade, en todos os niveis asistenciais.

Porque coidar é un acto asistencial, pero tamén social e político. Unidos e unidas, seguimos defendendo unha sanidade pública, humana e con visión de futuro, onde o valor da enfermaría sexa recoñecido como pilar esencial da saúde colectiva 💪🏻 💙

Dende a AGEFEC informámosvos de que vimos de asinar un acordo de colaboración con Unive Abogados co obxectivo de ofrecer...
11/05/2026

Dende a AGEFEC informámosvos de que vimos de asinar un acordo de colaboración con Unive Abogados co obxectivo de ofrecer asesoramento xurídico aos nosos socios e socias.

Ao contar con delegación en Galicia, Unive Abogados dispón dun equipo coñecedor e con formación específica na lexislación propia da nosa Comunidade Autónoma, favorecendo así unha atención máis próxima e adaptada ás nosas necesidades.

Grazas a este acordo, os socios e socias poderedes beneficiaros de:
- Consultas e orientación xurídica gratuíta en calquera ámbito do Dereito.
- Acceso ao servizo a través da plataforma web de Unive Abogados, mediante a seguinte ligazón.
- Desconto do 10 % nos honorarios profesionais en caso de contratación de servizos xurídicos (laboral, civil, administrativo, fiscal, protección de datos, etc.), extensible tamén aos familiares directos.

As consultas iniciais serán gratuítas, e calquera actuación profesional posterior realizarase sempre baixo orzamento previo e aceptación expresa por parte da persoa interesada.

Así mesmo, con carácter periódico, recibiredes información e novidades en materia xurídica relacionadas coa nosa especialidade e coa enfermaría de Atención Primaria.

Seguimos traballando por e para vós. A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias 💪🏻💙

O vindeiro martes 21 de abril abrirase o prazo para a solicitude electrónica das prazas de Formación Sanitaria Especiali...
16/04/2026

O vindeiro martes 21 de abril abrirase o prazo para a solicitude electrónica das prazas de Formación Sanitaria Especializada (FSE).

No referente á Enfermaría Familiar e Comunitaria, este ano ofértanse 45 prazas máis a nivel estatal, pasando de 919 a 964.
Nesta convocatoria, en Galicia ofértanse un total de 53 prazas para a especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria, as mesmas ca na convocatoria anterior.

Dende a AGEFEC queremos darlle a benvida aos/ás futuros/as residentes, convidándovos a unirse á nosa Asociación, gozando de vantaxes na cota anual por ser EIR, así como de desconto na cota de inscrición do noso inminente IX Congreso (podedes seguir todas as novidades do mesmo na conta de Instagram ).

Para máis información podedes consultar a nosa páxina web, na cal tamén tedes dispoñible un formulario de contacto para achegarnos as vosas dúbidas e/ou aportacións: https://www.agefec.org/web/

A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias 🩵💪🏻

Hoxe, 12 de abril, celebramos o Día Internacional da Atención Primaria, e dende AGEFEC quixemos voltar á base e centro d...
12/04/2026

Hoxe, 12 de abril, celebramos o Día Internacional da Atención Primaria, e dende AGEFEC quixemos voltar á base e centro da nosa profesión: o metaparadigma enfermeiro. Definido por Jacqueline Fawcett, establece os conceptos centrais e universais que guían a nosa práctica: persoa, saúde, entorno e coidados.

Estes catro piares son especialmente relevantes na Atención Primaria, onde a enfermaría familiar e comunitaria desenvolve unha mirada integral, próxima e continuada. A persoa é entendida no seu contexto vital, o entorno como parte activa da saúde, os coidados como ferramenta esencial, e a saúde como dereito e obxectivo compartido.

Neste día, reivindicamos unha Atención Primaria forte, accesible e centrada nas persoas, onde a enfermaría familiar e comunitaria, e os/as súas profesionais, teñan o espazo e recoñecemento que merecen. Porque coidar desde a proximidade é transformar a saúde desde a raíz, e coidar a quen coida tamén é invertir en saúde 💙💪🏻

Hoxe, 31 de marzo, conmemórase o Día Mundial contra o Cancro de Colon, o tumor máis frecuente en Galicia e o segundo en ...
31/03/2026

Hoxe, 31 de marzo, conmemórase o Día Mundial contra o Cancro de Colon, o tumor máis frecuente en Galicia e o segundo en mortalidade, cunha taxa de incidencia de 90,4 casos por 100.000 homes e 74,2 por 100.000 mulleres en 2022, e máis de 1.100 mortes anuais (datos da Consellería de Sanidade a xaneiro de 2025).

En Galicia iníciase no ano 2013 a implantación do Programa galego de detección precoz do cancro colorrectal, comezando en Ferrol e extendéndose a tódalas Áreas Sanitarias no ano 2019. Actualmente, é un dos 3 programas de cribado de cancro activos na nosa Comunidade, xunto co de mama e o de colo uterino.

A invitación á poboación diana (homes e mulleres de 50 a 69 anos residentes en Galicia e con tarxeta sanitaria do SERGAS) faise a través dunha carta, acompañada dun folleto xunto co contenedor para a recollida da mostra de f***s, que pode depositar no centro de saúde da súa área, dende onde se remite ao laboratorio de referencia.

Dende a AGEFEC, con mor deste día, traémosvos unha infografía resumo ca información básica do cribado, útil tanto para pacientes coma para profesionais. Agardamos que sexa do voso interese, podedes achegarnos as vosas impresións.

A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias 💙💪🏻

Dirección

Avenida Linares Rivas, 16-17, 2°
A Coruña
15005

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria:

Compartir

Categoría