31/08/2026
👩🏻⚕️📆 31 de agosto | Día Mundial da Obstetricia e da Embarazada
A atención obstétrica de calidade require profesionais coa formación, as competencias e a autonomía necesarias para ofrecer a cada muller uns coidados seguros, respectuosos e baseados na evidencia científica.
👉🏻 As matronas somos profesionais esenciais na atención á saúde sexual e reprodutiva e contamos con competencias específicas para acompañar e liderar a atención aos procesos fisiolóxicos do embarazo, parto e posparto.
Porén, o desenvolvemento destas competencias continúa a ser desigual e o déficit de matronas segue limitando tanto o potencial da profesión como a atención que reciben as mulleres.
💪🏻 Desde a AGAM xunto coa FAME Matronas seguimos traballando polo recoñecemento e o pleno desenvolvemento profesional das matronas, por unha formación acorde coas nosas competencias e por unha dotación suficiente de profesionais que garanta unha atención de calidade e equitativa.
Máis autonomía para as matronas.
Mellor atención para as mulleres.